Seminario Europa: «A dimensión territorial da recuperación europea: o papel do eido local»
- Data
- Martes, 7 de novembro de 2023
- Horario
- 19.30h
- Lugar
- Salón de Actos Isaac Díaz Pardo do Ateneo de Santiago (Praza de Salvador Parga, 4-2º, Santiago de Compostela)
- Máis información
Acceso libre ata completar a capacidade da sala

O martes, 7 de novembro, ás 19.30h o Ateneo de Santiago e a Asociación Federalista de Galicia organizan no Salón de Actos Isaac Díaz Pardo do Ateneo de Santiago, situado na Praza de Salvador Parga, 4-2º, de Santiago de Compostela, unha conversa con Simón Rego, Conselleiro da Área de Corporacións Locais do Consello de Contas de Galicia, dentro do Seminario Europa. O acto, que estará presentado por Cristina Ares Castro-Conde, Profesora de Política da Unión Europea da USC, centrarase no tema «A dimensión territorial da recuperación europea: o papel do eido local».
Simón Rego é funcionario do Corpo Superior de Administradores Civís do Estado con especialidade xurídica. Licenciado en Ciencias Políticas e da Administración pola Universidade de Santiago de Compostela, ten un Máster en Xestión Pública pola Universitat Pompeu Fabra- Universitat Autònoma de Barcelona- ESADE e é Especialista Universitario en Administración Local pola Universidade de Santiago de Compostela. Na súa carreira estivo vinculado á xestión de fondos europeos e tamén tivo responsabilidades na administración local.