O sábado, 21 de outubro, ás 11.00h o Ateneo de Santiago realizará o roteiro «Mulleres en Compostela», que estará guiado pola historiadora Encarna Otero. O percorrido de dúas horas de duración sairá do Claustro de Fonseca e visitará lugares no que varias compostelás destacadas e outras invisibles, anónimas, silenciadas e esquecidas traballaron, viviron, crearon cultura ou pasearon.

As prazas son limitadas polo que todo aquel que queira participar deberá anotarse no enderezo ateneo@ateneodesantiago.gal, admitíndose unicamente a inscrición dun máximo de dúas persoas en cada solicitude e tendo preferencia de admisión os/as socios/as do Ateneo. A data límite para anotarse é o mércores, 18 de outubro.