A ARTE DA FUGA. O intérprete de Bach (KENNETH WEISS)

Data
Mércores, 18 de outubro de 2023
Horario
20.00h
Lugar
Teatro Principal
Máis información

Entrada individual: 10€+gastos de xestión

Abono 6 concertos: 40€+gastos de xestión

Venda de entradas

Web Ateneo Barroco

Compartir

A ARTE DA FUGA
O intérprete de Bach
KENNETH WEISS  clave
Teatro Principal
Mércores 18 outubro 2023
20.00h

A Arte da Fuga, obra mestra do contrapunto de Johann Sebastian Bach, é unha desas composicións referenciais da historia da música, aínda máis cando é presentada en mans dun intérprete maiúsculo como o clavecinista norteamericano Kenneth Weiss, quen a aborda en plenitude, en madurez, e que, por diversas razóns e neste período tan excepcional das nosas vidas que nos tocou en sorte vivir, atopa o momento de abordar finalmente a súa interpretación. A Arte da Fuga é moito máis que esa maxistral serie de fugas e canons que ofrece ao intérprete múltiples vías de recreación e expresión, e Bach esa fonte musical da que non podemos, nin debemos, deixar de beber. Nado en New York, Kenneth Weiss é un reputado clavecinista que ten centrado a súa carreira nos recitais, na música de cámara, no ensino e na dirección orquestral e operística. Como solista, é invitado regularmente aos máis prestixiosos escenarios e festivais do mundo e as súas aclamadas gravacións de Bach, Scarlatti ou Rameau teñen recibido merecidos galardóns. Actualmente é profesor de clave no Conservatorio de París e na Haute École de Musique de Xenebra.

PROGRAMA

Johann Sebastian Bach (1685-1750)
Die Kunst der Fuge BWV 1080
(A Arte da Fuga)

Contrapunctus I
Contrapunctus II
Contrapunctus III
Contrapunctus IV
Canon per augmentationem in contrario motu
Contrapunctus V
Contrapunctus VI
Canon alla duodecima in contrapunto alla quinta
Contrapunctus VII
Contrapunctus VIII
Contrapunctus IX
Canon alla ottava
Contrapunctus X
Contrapunctus XI
Canon alla decima in contrapunto alla terza
Contrapunctus XII
Contrapunctus XIII
Contrapunctus XIV

KENNETH WEISS  clave
Nado en New York, asistiu á High School of Performing Arts e, tras estudar con Lisa Goode Crawford no Conservatorio de Oberlin, continuou con Gustav Leonhardt no Conservatorio Sweelinck de Ámsterdam. Entre 1990 e 1993 foi asistente musical de William Christie en Les Arts Florissants en numerosas producións e gravacións de ópera. Posteriormente dirixiu a Les Arts Florissants en Doux Mensonges do coreógrafo Jiri Kylian na Ópera de París e foi codirector, con William Christie, das tres primeiras edicións do programa Jardin de Voix de Les Arts Florissants. Kenneth Weiss céntrase nos recitais, a música de cámara, o ensino e a dirección. Os seus recitais más recentes inclúen Nuremberg, Montpellier, Barcelona, Dijon, Xenebra, Amberes, Cite de la Musique (París), Madrid, La Roque d'Anthéron, Santander, Lisboa, San Sebastián, Innsbruck, La Chaise-Dieu, La Chaud de Fonds, Bruxas e New York. Actúa en recital cos violinistas Fabio Biondi, Daniel Hope, Monica Huggett e Lina Tur Bonet. En colaboración coa coreógrafa Trisha Brown foi director musical de M.O., un ballet sobre A ofrenda musical de Bach, estreado en La Monnaie de Bruxelas. Dirixiu as producións escénicas da Academia Europea de Música de Aix-en-Provence de Dido e Eneas de Purcell e dun programa de madrigais de Monteverdi e de As vodas de Fígaro de Mozart na Cité de la Musique de París e L'incoronazione di Poppea de Monteverdi en Bilbao e Oviedo. Ten dirixido a The English Concert, Concerto Copenhagen, Orquestra Barroca de Salamanca, Divino Sospiro, Orchestre de Rouen, Orchestre Régional de Basse-Normandie, Orchestre National des Pays de Loire, Orchestre des Pays de Savoie e Orchestre d'Auvergne. Satirino Records publicou en 2001 a primeira dunha serie de aclamadas gravacións de Kenneth Weiss para clave só: partitas de Bach, sonatas de Scarlatti, transcricións de ópera e ballet de Rameau, obras de Bach e Scarlatti, unha gravación en directo das Variacións Goldberg de Bach, sonatas para violín de Elisabeth Jacquet de la Guerre, O clave ben temperado de Bach, etc. Kenneth Weiss ten ocupado postos de profesor na Academia Noruega de Música de Oslo, Conservatorio de Barcelona, Juilliard School de New York e, actualmente, ensina no Conservatorio de París e na Haute École de Musique de Xenebra, onde é profesor de clave.

Próximos eventos Ver axenda