Presentación do libro «Marruecos, panteón del Imperio español (1859-1931)» de Alfonso Iglesias Amorín

Data
Martes, 13 de xuño de 2023
Horario
19.30h
Lugar
Rúa do Vilar, 19, Santiago de Compostela
Máis información

Acceso libre ata completar a capacidade da sala

Compartir

O martes, 13 de xuño, ás 19.30h, terá lugar na Rúa do Vilar, 19, de Santiago de Compostela, a presentación do libro «Marruecos, panteón del Imperio español (1859-1931)» de Alfonso Iglesias Amorín. No acto acompañarán ao autor Xosé M. Núñez Seixas, Catedrático de Historia Contemporánea da USC, e Pilar Sampedro, Directiva do Ateneo de Santiago.

Marruecos, panteón del Imperio español (1859-1931) trata os conflitos que tiveron lugar entre España e Marrocos entre 1859 e 1927, destacando fitos como a batalla de Tetuán, os desastres do Barranco do Lobo e Annual ou o desembarco de Lavandas. Compáranse aquí a dinámica e características desas campañas coa imaxe que se transmitiu á opinión pública e as pegadas que quedaron na memoria colectiva española, patentes en narrativas históricas, monumentos e lugares de memoria, conmemoracións e outros produtos culturais.

Alfonso Iglesias Amorín, nado en Santiago de Compostela, Doutorouse en Historia pola Universidade de Santiago de Compostela en 2014 coa tese «A memoria das guerras de Marrocos en España (1859-1936)». As súas liñas de investigación principais son os conflitos bélicos, con especial atención aos derivados do colonialismo español na época contemporánea. Autor de Imagen y repercusiones de la Guerra de Cuba en Galicia (1895-1898) e A Galicia da II República e coautor de Historia de Santiago de Compostela e Xeración Perdida Coruña 36, tamén ten realizado artigos para revistas científicas como European History Quarterly, Hispanic Research Journal ou Pasado e memoria, así como múltiples capítulos en obras colectivas, ademais de ser editor da Revista Universitaria de Historia Militar.

Próximos eventos Ver axenda