Seminario Europa: «Unha conversa con Ana Miranda»

Data
Xoves, 8 de xuño de 2023
Horario
19.30h
Lugar
Salón de Actos Isaac Díaz Pardo do Ateneo de Santiago (Praza de Salvador Parga, 4-2º, Santiago de Compostela)
Máis información

Acceso libre ata completar a capacidade da sala

Compartir

O xoves, 8 de xuño, ás 19.30h o Ateneo de Santiago e a Asociación Federalista de Galicia organizan no Salón de Actos Isaac Díaz Pardo do Ateneo de Santiago, situado na Praza de Salvador Parga, 4-2º, de Santiago de Compostela, unha conversa con Ana Miranda, Eurodeputada do BNG, dentro do Seminario Europa. O acto estará presentado por Cristina Ares Castro-Conde, Profesora de Política da Unión Europea da USC.

Ana Miranda, deputada do BNG no Parlamento Europeo, estudou Dereito na Universidade de Santiago de Compostela e especializouse en Dereito europeo nas universidades da Coruña e Louvain-la-Neuve. Entre 1998 e 1999 obtivo as bolsas "Leonardo" para realizar prácticas nunha consultora en Bruxelas e a bolsa de prácticas no Consello da Unión Europea nas áreas de política rexional e social. Foi asistente parlamentaria do eurodeputado Camilo Nogueira, durante a lexislatura 1999-2004, na cal o BNG conseguiu por vez primeira un escano no Parlamento Europeo, exercendo a función de Responsable Técnica da oficina parlamentaria. En 2012 estreouse como eurodeputada, permanecendo no cargo ata mediados de 2013. Nas eleccións de 2014 ao Parlamento Europeo representou ao BNG na coalición Os Pobos Deciden, conseguindo así o seu posto rotatorio de deputada dende 2018 ata 2019. Ana Miranda volveu a ocupar o escano no Parlamento Europeo o 5 de setembro de 2022, pola coalición Agora Repúblicas. Ana Miranda tamén é autora de numerosos artigos sobre dereitos humanos, relacións internacionais, migracións e  diversos asuntos europeos e foi coordinadora dos monográficos sobre a Galiza global que se publicaron conxuntamente coa revista ReNova Galiza.

Próximos eventos Ver axenda