Presentación do libro «O moucho voa. Filosofía en 25 conversas» de Miguel Vázquez Freire

Data
Mércores, 31 de maio de 2023
Horario
19.30h
Lugar
Rúa do Vilar, 19, Santiago de Compostela
Máis información

Acceso libre ata completar a capacidade da sala

Compartir

O mércores, 31 de maio, ás 19.30h, terá lugar na Rúa do Vilar, 19, de Santiago de Compostela, a presentación do libro «O moucho voa. Filosofía en 25 conversas» de Miguel Vázquez Freire. Ademais do autor, no acto participarán Eva Garea Traba, profesora de filosofía no IES Xelmírez I e membro do grupo Nexos de Didáctica da Filosofía, e Xosé Gándara, membro do Ateneo de Santiago.

O moucho voa. Filosofía en 25 conversas é un libro pensado para introducir á mocidade na filosofía. Está constituído por 25 conversas, amenas e desenfadadas, organizadas nos catro temas principais dos que se ocupa a filosofía tradicionalmente: o Ser, a Verdade, o Ben e a Xustiza. 

Miguel Vázquez Freire, nado en Corcubión, é colaborador como crítico de literatura infantil en numerosas publicacións. Foi director da revista infantil «Golfiño» e codirector da colección Merlín de Xerais, ademais de coautor dos materiais educativos de Filosofía de Xerais como membro do grupo de Didáctica da Filosofía Enxergo e promotor de Pé de Imaxe e de Nova Escola Galega. Como especialista en didáctica da filosofía publicou «Nietzsche», «Iniciación á Estética», «Política e Sociedade», «Mandar, obedecer, rebelarse» e «O moucho voa», ademais de realizar a tradución para o galego da obra de R. Descartes «O discurso do método». A súa obra está traducida a todas as linguas peninsulares.

Próximos eventos Ver axenda