Proxección da película «Teléfono vermello: voamos cara a Moscova» de Stanley Kubrick
- Data
- Martes, 6 de xuño de 2023
- Horario
- 19.15h
- Lugar
- Salón de Actos Isaac Díaz Pardo
- Máis información
Acceso libre ata completar a capacidade da sala
O martes, 6 de xuño, ás 19.15h o Ateneo de Santiago ten programada no Salón de Actos Isaac Díaz Pardo do Ateneo de Santiago (Pr. Salvador Parga, 4-2º, Santiago de Compostela) a proxección da película «Teléfono vermello: voamos cara a Moscova» (Dr. Strangelove, or: How I Learned to Stop Worrying and Love the Bomb). Esta proxección, comprendida dentro do Ciclo Stanley Kubrick I do Cineclub Ateneo, estará presentada e comentada por José Manuel González Herrán, Catedrático de Literatura Española e Profesor emérito da USC.
Teléfono vermello: voamos cara a Moscova (Dr. Strangelove, or: How I Learned to Stop Worrying and Love the Bomb)
Director: Stanley Kubrick
Reino Unido, 1964
Convencido de que os comunistas están contaminando os Estados Unidos, un xeneral ordena, nun acceso de loucura, un ataque aéreo nuclear sorpresa contra a Unión Soviética. O seu axudante, o capitán Mandrake, trata de encontrar a fórmula para impedir o bombardeo. Pola súa parte, o Presidente dos EE.UU. ponse en contacto con Moscú para convencer ao goberno soviético de que o ataque non é máis que un estúpido erro. Mentres tanto, o asesor do Presidente, un antigo científico nazi, o doutor Strangelove, confirma a existencia da “Máquina do Xuízo Final”, un dispositivo de represalia soviético capaz de acabar coa humanidade para sempre.
José Manuel González Herrán, Catedrático de Literatura Española e Profesor Emérito da Universidade de Santiago de Compostela, é conferenciante e Profesor invitado en Universidades españolas e estranxeiras. Ten publicado ou editado varias monografías, edicións críticas e anotadas, volumes colectivos, etc. sobre autores españoles dos séculos XVIII, XIX e XX. Entre 1994 e 2016 dirixiu na USC un grupo de investigación encol Emilia Pardo Bazán. É membro dos consellos editoriais e comités científicos de revistas e editoriais da súa especialidade, Director do Boletín da Biblioteca de Menéndez Pelayo e Académico correspondente da Real Academia Galega.