Proxección da película «Lolita» de Stanley Kubrick

Data
Martes, 23 de maio de 2023
Horario
19.15h
Lugar
Salón de Actos Isaac Díaz Pardo
Máis información

Acceso libre ata completar a capacidade da sala

CINECLUB ATENEO

Compartir

O martes, 23 de maio, ás 19.15h o Ateneo de Santiago ten programada no Salón de Actos Isaac Díaz Pardo do Ateneo de Santiago (Pr. Salvador Parga, 4-2º, Santiago de Compostela) a proxección da película «Lolita». Esta proxección, comprendida dentro do Ciclo Stanley Kubrick I do Cineclub Ateneo, estará presentada e comentada por José Manuel González Herrán, Catedrático de Literatura Española e Profesor emérito da USC.

Lolita
Director: Stanley Kubrick
Reino Unido, 1962
Adaptación da novela homónima de Vladimir Nabokov, Humbert Humbert, un profesor cuarentón, chega a Ramsdale (New Hampshire) e arrenda unha habitación na casa da viúva Charlotte Haze que ten unha filla de once anos. Humbert namórase perdidamente da rapariga e concibe un perverso plan: casar coa nai para poder estar sempre cerca da irresistible Lolita...

José Manuel González Herrán, Catedrático de Literatura Española e Profesor Emérito da Universidade de Santiago de Compostela, é conferenciante e Profesor invitado en Universidades españolas e estranxeiras. Ten publicado ou editado varias monografías, edicións críticas e anotadas, volumes colectivos, etc. sobre autores españoles dos séculos XVIII, XIX e XX. Entre 1994 e 2016 dirixiu na USC un grupo de investigación encol Emilia Pardo Bazán. É membro dos consellos editoriais e comités científicos de revistas e editoriais da súa especialidade, Director do Boletín da Biblioteca de Menéndez Pelayo e Académico correspondente da Real Academia Galega.

Próximos eventos Ver axenda