Mesa redonda «A gobernanza da área metropolitana de Santiago de Compostela. Unha perspectiva Europea de áreas metropolitanas medias» con Ignacio Cerrada e Lucía Cerrada
- Data
- Luns, 29 de maio de 2023
- Horario
- 19:30h
- Lugar
- Rúa do Vilar, 19, Santiago de Compostela
- Máis información
Acceso libre ata completar a capacidade da sala
O luns, 29 de maio, ás 19.30h o Ateneo de Santiago, en colaboración co Colexio de Arquitectos, ten programada na Rúa do Vilar, 19, de Santiago de Compostela unha mesa redonda, organizada pola Sección Compostela, titulada «A gobernanza da área metropolitana de Santiago de Compostela. Unha perspectiva Europea de áreas metropolitanas medias», na que participarán os Arquitectos Ignacio Cerrada e Lucía Cerrada.
Nun mundo cada vez máis urbanizado estímase que máis do 80% da poboación Europea vivirá en áreas urbanas en 2050. Como resultado, as transformacións económicas, sociais, culturais e ambientais están provocando procesos significativos de reorganización de patróns de localización de actividades urbanas e a aparición de cambios importantes no papel das áreas metropolitanas. É por iso que a maioría dos países Europeos están dando unha resposta política e de planificación urbana ao proceso de metropolitanización. Con todo, en España existe unha longa tradición de invisibilizar o feito urbano metropolitano, que na actualidade resulta na súa falta de goberno. Cal foi a historia de metropolitanización de Santiago de Compostela? Cales son as principais deficiencias do seu actual «goberno»? Que podemos aprender da gobernanza metropolitana doutras cidades medias en Europa? Nesta ponencia darase resposta a estas preguntas e exploraranse camiños cara a unha gobernanza metropolitana en Santiago de Compostela.
Lucía Cerrada Morato é Arquitecta pola Escola Técnica de Arquitectura de Madrid (2011) e Doutora en Urbanismo pola Barlett School of Planning (2022). Traballou como arquitecta en masterplans e proxectos de vivenda colectiva en España, Suíza e Reino Unido. Dende 2017 traballa como urbanista en proxectos de políticas públicas e de rexeneración urbana na administración local en Londres. Dende hai oito anos é profesora na University College London, coordinando a asignatura de Planificación Residencial e supervisando teses de máster. Colaboradora en diferentes organizacións dando charlas e conferencias, participa regularmente nos cursos de formación patrimonial do Consello Xeral do Poder Xudicial (2021-2022) e coa Liverpool University (2020-2022) e asistiu como invitada á Bienal de Tbilisi de 2020 e á Bienal de Venecia en 2021. As áreas de investigación nas que actualmente traballa inclúen os procesos de urbanización periférica e a súa trasformación para un modelo máis sostible, así como cuestións de gobernanza metropolitana para articular ditos procesos de transición.
Ignacio Cerrada Gonzalo é Arquitecto, na especialidade de Urbanismo, pola Escola Técnica Superior de Arquitectura de Madrid (1981). Foi xefe de servizo de planeamento e xestión urbanística no Concello de Santiago de Compostela entre os anos 1984 e 2004. Dende 2004 traballou na administración autonómica como xefe do Servizo de Ordenación do Territorio (2004-2005), como subdirector de Habitabilidade e Calidade da Edificación da Consellería de Vivenda e Solo (2005-2009), como xefe do Servizo de Protección da cidade e dos camiños de Santiago de Compostela (2009 – 2010) e como xefe do Servizo de Planeamento e Inventario (2010-2016). No ano 2016 regresa á administración local, onde traballa como director da área de Urbanismo do Concello de Santiago ata 2020.