Visita á Coruña arredor da figura de Picasso
- Data
- Sábado, 22 de abril de 2023
Debido á alta demanda rexistrada para a visita á Coruña arredor da figura de Pablo Picasso, que terá lugar o sábado, 15 de abril, o Ateneo de Santiago realizará unha nova visita o sábado, 22 de abril, exclusivamente para aquelas persoas que quedaron na listaxe de agarda da anterior.
PROGRAMA:
9.00h. Saída da Rúa da Rosa de Santiago.
10.00h. Visita guiada ao IES Eusebio da Garda.
Eusebio da Garda, empresario e filántropo, benfeitor da cidade da Coruña, construíu, entre outros inmobles destacados da Coruña, o IES e a e Escola de Educación Infantil e Primaria, que levan o seu nome, na Praza de Pontevedra.
Polo IES pasaron artistas, científicos e xenios das letras como Pablo Picasso, María Wonenburger, Roberto Nóvoa Santos, Manuel Fraga Iribarne ou Torrente Ballester.
No 125 aniversario do IES (16/maio/2019) nomeouse unha das súas aulas Pablo Picasso.
Poderemos ver, entre outros:
No teito, os frescos de Ramón Navarro e Salvador Bianchi.
As escaleiras de mármore.
Placa na entrada da aula onde o pai de Picasso, José Ruíz, impartía clases de debuxo, cando o centro albergaba a Escola de Belas Artes.
Tempo aproximado da visita: 45 min.
11.00h. Visita guiada á Casa Museo Picasso.
Pequeno museo en pleno centro da Coruña, onde viviu Picasso entre os anos 1891 e 1895, cando era neno.
Sala de Exposicións, con 33 obras realizadas polo pai e o propio autor e a propia vivenda do artista.
Tempo aproximado da visita: 40 min.
12.30h. Visita guiada ao Museo de Belas Artes.
Visita á exposición temporal «Picasso branco no recordo azul. Debuxando o futuro», guiada polo comisario da exposición, Rubén Ventureira, Escritor e experto en Picasso.
Única exposición que acollerá Galicia dentro da programación internacional da Celebración Picasso 1973-2023, organizada polos gobernos de España e Francia e calificada como o maior acontecemento picassiano do último medio século.
Dedicada á etapa coruñesa do artista, a mostra indaga, a través de 120 pezas, algunhas delas nunca vistas do Musée National Picasso-París e a Comisión Nacional para a Conmemoración do 50º aniversario da morte de Pablo Picasso, na influencia de Galicia na súa pintura, ofrecendo a crucial etapa de formación do xenio. Nos anos en que viviu na Coruña Picasso sentiuse feliz e descubriu a cidade, as súas prazas, praias, montes, monumentos e personaxes a través dos seus debuxos.
Tempo aproximado da visita: 1 h.
14.30h. Comida -> Restaurante Morriña. Rúa Olmos, 12. A Coruña.
Tempo aproximado: 2 h.
16.30h. Tempo Libre
–> Proposta Optativa: Visita ao Espazo expositivo: Muelle de Batería. Visita á exposición de fotografía de Steven Meisel, un dos fotógrafos de moda máis importantes da súa xeración. Mostra impulsada pola Fundación MOP, presidida por Marta Ortega.
Tempo aproximado: 1 h.
17.30h. Visita panorámica-paseo polo Parque escultórico da Torre de Hércules.
- A Guitarra – homenaxe a Picasso (autor: Pablo Serrano, 1983).
- As Portas de Hércules – dan acceso á Torre (autor: Francisco Leiro, 1992).
- Breogan (autor: José Cid, 1995).
- Garonte (autor: Ramón Conde, 1992).
- Caracola (autor: Moncho Amigo, 1994).
- Rosa dos Ventos – mosaico (autor: Javier Correa, 1994).
- Combate de Hércules e Gerión – labirinto (autor: Xosé Espiñosa, 1994).
- Ártabros, homenaxe ao pobo árabe (autor: Arturo Andrade, 1994).
- Monumento aos fusilados da ditadura (autor: Isaac Díaz Pardo, 2001).
- Hércules e a nave dos argonautas (autor: Gonzalo Viana, 1994).
- Ruta dos Menhires pola paz (autor: Manolo Paz, 1994).
- Nave de Pedra (autor: Gonzalo Viana, 1994).
- Copa de Pedra (autor: Pepe Galán, 1994).
Tempo aproximado 45 min
19.00h. Regreso á Rúa da Rosa de Santiago de Compostela.
O prezo da viaxe é de 45€ por persoa, incluíndo autobús, xantar e visitas, e os cales se aboarán directamente o mesmo día da visita. As persoas que non sexan socias do Ateneo deberán pagar un suplemento de 15€.
Menú Restaurante Morriña:
Pastel de perdiz en escabeche, salmorejo e torradiñas.
Croquetas cremosas de xamón ibérico.
Rabas de calamar estilo Santander.
Codillo de porco asado 12 horas.
Torta de queixo da casa.
3 consumicións, café, chupito e pan.