Conferencia «As árbores na historia da arte da paisaxe» de Roxelio Pérez Moreira

Data
Luns, 22 de maio de 2023
Horario
19:30h
Lugar
Rúa do Vilar, 19, Santiago de Compostela
Máis información

Acceso libre ata completar a capacidade da sala.

Arte, Educación e Cultura
Compartir

O luns, 22 de maio, ás 19.30h o Ateneo de Santiago, ten programada na Rúa do Vilar, 19, de Santiago de Compostela unha conferencia, organizada pola Sección Arte, Educación e Cultura, titulada «As árbores na historia da arte da paisaxe», que estará impartida por Roxelio Pérez Moreira, Profesor na Escola Politécnica Superior da USC.

Roxelio Pérez Moreira é doutor en Ciencias Biolóxicas, profesor do Departamento de Edafoloxía da USC, entre 1984 e 2021 e de Química Agrícola. É tamén autor de diversas publicacións, entre as cales se atopan os libros: Ecoloxía e ordenación forestal (1990), Ecoloxía, silvicultura e ordenación do bosque (1991), Ecoloxía forestal e ordenación do bosque (1992), Lourizán: ciencia, arte, natureza (2001), Diversidade natural de Galicia (2004) e Cultura e paisaxe (2010). Ao mesmo tempo tamén se adica a fotografía, sendo o fotógrafo da Natureza, do patrimonio natural e paisaxístico de Galicia.

Próximos eventos Ver axenda