Conferencia «As matemáticas moven o mundo» de Juan Viaño

Data
Luns, 27 de marzo de 2023
Horario
19.30h
Lugar
Rúa do Vilar, 19, Santiago de Compostela
Máis información

Acceso libre ata completar a capacidade da sala

Compartir

O luns, 27 de marzo, ás 19.30h o Ateneo de Santiago ten programada na Rúa do Vilar, 19, de Santiago de Compostela unha conferencia titulada «As matemáticas moven o mundo», que estará impartida por Juan Viaño, Catedrático de Matemática Aplicada da USC.

Juan Viaño Rey é Licenciado en Matemáticas pola USC (1978), diplomado en estudos avanzados na Universidade Pierre et Marie Curie – Paris VI (1981) e Doutor pola USC (1981) e pola Pierre et Marie Curie – París VI (1983). Na USC desempeñou os cargos de Director do departamento de Matemática Aplicada (1986-1992), Decano da Facultade de Matemáticas (2001-2009), Vicerreitor de Profesorado e Organización académica na equipa de Senén Barro (2009-2010) e Reitor (2014-2018). Presidiu a Comisión de Posta en Marcha do Instituto Español de Matemáticas (IEMath) e foi co-promotor tanto da súa sede galega (IEMath-Galicia) como do consorcio das 3 universidades galegas Instituto Tecnolóxico de Matemática Industrial (ITMATI). Tamén foi o responsable da organización en Santiago de Compostela do Encontro das Sociedades Latinoamericanas de Matemáticas (2003) e da Asemblea Xeral da Unión Matemática Internacional (IMU)( 2006).

Próximos eventos Ver axenda