Mesa redonda «Outras realidades educativas» con Camino Pereiro, Manuel Losada e Ramón Veiga

Data
Luns, 20 de marzo de 2023
Horario
19.30h
Lugar
Sede Afundación (Rúa do Vilar, 19)
Máis información

Acceso libre ata completar a capacidade da sala

II MOSTRA INTERNACIONAL DE CINE E EDUCACIÓN (CINEDUCA)

Compartir

O luns, 20 de marzo, ás 19.30h o Ateneo de Santiago ten programada na Rúa do Vilar, 19, de Santiago de Compostela unha mesa redonda titulada «Outras realidades educativas», que contará coa participación de Camino Pereiro, Directora do CPI Virxe da Cela de Monfero; Manuel Losada, Director do CFR de Ferrol; e Ramón Veiga, Director do IES Félix Muriel de Rianxo. Esta actividade, comprendida dentro da II Mostra Internacional de Cine e Educación (CINEDUCA), estará coordinada por Miguel Zabalza, Catedrático de Didáctica e Organización Escolar da USC.

Esta actividade enmárcase no programa Cultura por alimentos de Afundación, a Obra Social ABANCA, en colaboración coa Federación Española de Bancos de Alimentos, co obxectivo de contribuír, a través de doazóns, a incrementar os recursos dos Bancos de Alimentos de Galicia. Convidamos a todos os asistentes a colaborar con esta campaña solidaria mediante a doazón de alimentos non perecedoiros, os cales se poderán depositar na entrada da sede da Rúa do Vilar.

Próximos eventos Ver axenda