Conferencia «A experiencia portuguesa en cinema e educación» de Daniel Maciel

Data
Luns, 13 de marzo de 2023
Horario
19.30h
Lugar
Sede Afundación (Rúa do Vilar, 19)
Máis información

Acceso libre ata completar a capacidade da sala

II MOSTRA INTERNACIONAL DE CINE E EDUCACIÓN (CINEDUCA)

Compartir

O luns, 13 de marzo, ás 19.30h o Ateneo de Santiago ten programada na Rúa do Vilar, 19, de Santiago de Compostela unha conferencia dentro da II Mostra Internacional de Cine e Educación (CINEDUCA) titulada «A experiencia portuguesa en cinema e educación», que estará impartida por Daniel Maciel, Coordinador da Conferência Internacional de Cinema de Viana do Castelo.

Daniel Maciel, Doutor en Antropoloxía – Poder, Resistencia e Movementos Sociais pola Faculdade de Ciencias Sociais e Humanas da Universidade Nova de Lisboa, é Secretario da AO NORTEAssociação de Produção e Animação Audiovisual, entidade sen ánimo de lucro dedicada á produción e a divulgación audiovisual, fundamentalmente nas áreas de cooperación para o desenvolvemento nas áreas de ensino, educación e cultura. Aquí ten colaborado en proxectos de recollida, inventariado e reflexión arredor de fotografías históricas. Tamén é coordinador da Conferência Internacional de Cinema de Viana (Encontros de Cinema de Viana) e co-director do MDOC - Festival Internacional de Documentário de Melgaço. 

Esta actividade enmárcase no programa Cultura por alimentos de Afundación, a Obra Social ABANCA, en colaboración coa Federación Española de Bancos de Alimentos, co obxectivo de contribuír, a través de doazóns, a incrementar os recursos dos Bancos de Alimentos de Galicia. Convidamos a todos os asistentes a colaborar con esta campaña solidaria mediante a doazón de alimentos non perecedoiros, os cales se poderán depositar na entrada da sede da Rúa do Vilar.