Proxección da película «Un para todos» de David Ilundain
- Data
- Mércores, 15 de marzo de 2023
- Horario
- 19.00h
- Lugar
- Sede Afundación (Rúa do Vilar, 19)
- Máis información
Acceso libre ata completar a capacidade da sala
O mércores, 15 de marzo, ás 19.00h o Ateneo de Santiago ten programada na sede de Afundación (Rúa do Vilar, 19, de Santiago de Compostela) a proxección da película «Un para todos» (Uno para todos) de David Ilundain. Esta proxección, comprendida dentro da II Mostra Internacional de Cine e Educación (CINEDUCA), estará presentada e comentada por Miguel Zabalza, Catedrático de Didáctica e Organización Escolar e Profesor emérito da USC.
Un para todos (Uno para todos)
Director: David Ilundain
España, 2020
Aleix, un profesor interino, asume a tarefa de ser titor dunha clase de sexto de primaria nunha localidade completamente descoñecida para al. Cando descobre que ten que reintegrar a un alumno enfermo na aula, atópase cun problema inesperado: case ningún dos seus compañeiros quere que volva á clase.
Miguel Zabalza Beraza é Licenciado en Psicoloxía e Pedagoxía e Doutor en Psicoloxía pola Universidade Complutense de Madrid. Doutor Honoris Causa polo IME de Oaxaca (México) e pola Pontificia Universidade Católica de Río Grande do Sul (PUCRS) de Porto Alegre (Brasil), tamén é Profesor Honorario da Universidade de Villa María (Arxentina). Actualmente é Catedrático de Didáctica e Organización Escolar e Profesor emérito da USC, onde tamén foi Decano da Facultade de Ciencias da Educación, director do Instituto de Ciencias da Educación, membro do Claustro e da Xunta de Goberno e membro da Comisión de Calidade. Ocupa os cargos de Presidente de AIDU (Asociación Iberoamericana de Didáctica Universitaria), REDU (Red de Docencia Universitaria) e do Instituto Latinoamericano de Estudios de la Infancia (ILAdEI) e de director da súa revista RELAdEI (Revista Latinoamericana de Educación Infantil). Forma parte do Editorial Board da revista European Early Childhood Educational Reserach Journal e do Consello de redacción da revista BORDON.
Esta actividade enmárcase no programa Cultura por alimentos de Afundación, a Obra Social ABANCA, en colaboración coa Federación Española de Bancos de Alimentos, co obxectivo de contribuír, a través de doazóns, a incrementar os recursos dos Bancos de Alimentos de Galicia. Convidamos a todos os asistentes a colaborar con esta campaña solidaria mediante a doazón de alimentos non perecedoiros, os cales se poderán depositar na entrada da sede da Rúa do Vilar.