Proxección da película «Onde está a casa do meu amigo?» de Abbas Kiarostami

Data
Martes, 14 de marzo de 2023
Horario
19.00h
Lugar
Sede Afundación (Rúa do Vilar, 19)
Máis información

Acceso libre ata completar a capacidade da sala

II MOSTRA INTERNACIONAL DE CINE E EDUCACIÓN (CINEDUCA)

Compartir

O martes, 14 de marzo, ás 19.00h o Ateneo de Santiago ten programada na sede de Afundación (Rúa do Vilar, 19, de Santiago de Compostela) a proxección da película «Onde está a casa do meu amigo?» (Khane-ye Doust Kodjast) de Abbas Kiarostami. Esta proxección, comprendida dentro da II Mostra Internacional de Cine e Educación (CINEDUCA), estará presentada e comentada por Fernando Redondo Neira, Profesor de Comunicación audiovisual da USC.

Onde está a casa do meu amigo? (Khane-ye Doust Kodjast)
Director: Abbas Kiarostami
Irán, 1987
Na escola da aldea de Koker, ao norte de Irán, Mohamed non fixo os exercicios no caderno polo que o profesor o ameaza con expulsalo da escola se volve a repetir a mesma falta. Esa mesma tarde, o seu compañeiro Ahmed toma por equivocación o caderno de Mohamed e, cando se dá conta, decide ir buscar a casa do seu amigo para devolverllo.

Fernando Redondo Neira, Licenciado en Ciencias da Información pola Universidade do País Vasco (UPV) e Doutor pola Universidade de Santiago de Compostela (USC), é Profesor da área de Comunicación audiovisual na Facultade de Ciencias da Comunicación da USC. Autor dos libros Carlos Velo. Itinerarios do documental nos anos trinta e Os amorodos de Bergman (Premio Ramón Piñeiro de Ensaio 2018), é coautor de Galicia en NO-DO: Comunicación, cultura y sociedad e Coordinador-editor do volume Cidadanía e documental. Premio María Luz Morales de Ensaios Cinematográficos e Premio Manuel Reimóndez Portela de Xornalismo, forma parte da Asociación Española de Historiadores de Cine (AEHC), do Centro de Estudos Fílmicos da USC e da Asociación Galega de Investigadores/as da Comunicación.

Esta actividade enmárcase no programa Cultura por alimentos de Afundación, a Obra Social ABANCA, en colaboración coa Federación Española de Bancos de Alimentos, co obxectivo de contribuír, a través de doazóns, a incrementar os recursos dos Bancos de Alimentos de Galicia. Convidamos a todos os asistentes a colaborar con esta campaña solidaria mediante a doazón de alimentos non perecedoiros, os cales se poderán depositar na entrada da sede da Rúa do Vilar.

Próximos eventos Ver axenda