Proxección da película «Nin un menos» de Zhang Yimou

Data
Martes, 7 de marzo de 2023
Horario
19.00h
Lugar
Sede Afundación (Rúa do Vilar, 19)
Máis información

Acceso libre ata completar a capacidade da sala

II MOSTRA INTERNACIONAL DE CINE E EDUCACIÓN (CINEDUCA)

Compartir

O martes, 7 de marzo, ás 19.00h o Ateneo de Santiago ten programada na sede de Afundación (Rúa do Vilar, 19, de Santiago de Compostela) a proxección da película «Nin un menos» (Yi ge dou bu neng shao) de Zhang Yimou. Esta proxección, comprendida dentro da II Mostra Internacional de Cine e Educación (CINEDUCA), estará presentada e comentada por Xosé Armas, Director do Departamento de Didácticas aplicadas da USC.

Nin un menos (Yi ge dou bu neng shao)
Director: Zhang Yimou
China, 1999
Unha nena de 13 anos, Wei Minzhi, que vive nunha aldea das montañas, vese obrigada, por orde do alcalde, a substituír durante un mes ao seu mestre. Este déixalle cada día un anaco de xiz e promete darlle 10 yuan se consegue que ningún estudante abandone a escola. Con todo, o revoltoso Zhang Huike abandona a clase para ir á cidade en busca de traballo polo que a abnegada Minzhi terá que discorrer para que volte á escola.

Xosé Armas Castro, Profesor Titular de Didáctica das Ciencias Sociais da USC, é actualmente Director do Departamento de Didácticas aplicadas e membro do Grupo de Investigación RODA (Razoamento, discurso e argumentación), con sede no Departamento de Didácticas aplicadas, na que participou en diversos proxectos de investigación competitivos. Autor de libros, artigos científicos e conferencias en Congresos nacionais e internacionais sobre Didáctica da historia e das Ciencias sociais e Historia medieval, tamén é membro da Asociación Universitaria de Profesorado de Didáctica das Ciencias Sociais e da Sociedade Española de Estudos medievais.

Esta actividade enmárcase no programa Cultura por alimentos de Afundación, a Obra Social ABANCA, en colaboración coa Federación Española de Bancos de Alimentos, co obxectivo de contribuír, a través de doazóns, a incrementar os recursos dos Bancos de Alimentos de Galicia. Convidamos a todos os asistentes a colaborar con esta campaña solidaria mediante a doazón de alimentos non perecedoiros, os cales se poderán depositar na entrada da sede da Rúa do Vilar.

Próximos eventos Ver axenda