Conferencia «Mulleres e migracións no pasado. Unha historia propia» de Ofelia Rey Castelao

Data
Luns, 6 de marzo de 2023
Horario
19.30h
Lugar
Rúa do Vilar, 19, Santiago de Compostela
Máis información

Acceso libre ata completar a capacidade da sala

Compartir

O luns, 6 de marzo, ás 19.30h o Ateneo de Santiago ten programada na Rúa do Vilar, 19, de Santiago de Compostela unha conferencia para conmemorar o Día da Muller titulada «Mulleres e migracións no pasado. Unha historia propia», que estará impartida por Ofelia Rey Castelao, Catedrática de Historia Moderna da USC.

Ofelia Rey Castelao é Catedrática de Historia Moderna na Universidade de Santiago dende 2002. Nesta universidade licenciouse (1978) e doutorouse (1984) nos dous casos con premio extraordinario. Directora de Estudos da École des Hautes Études en Sciences Sociales e profesora invitada en Sorbonne Université, ademais das universidades de La Plata e PUC de Chile. Ten dirixido duas ducias de teses doctorais e máis de 25 proxectos internacionais e foi directora de Obradoiro de Historia Moderna; forma parte do comité científico de trinta revistas españolas, francesas, arxentinas e mexicanas e foi vogal da International Commission of Historical Demography. Unha parte da súa vida académica estivo centrada na xestión de proxectos na Axencia Estatal de Investigación e en outras axencias de avaliación autonómicas e do estranxeiro. Suma 18 libros como autora –un deles traducido ao francés-, dez como coautora e máis de trescentas publicacións en oito países europeos e en México, Argentina, Brasil ou Chile. Como reconoñecemento á súa traxectoria, en 2011 foille concedido o premio Wonemburger (Xunta de Galicia), en 2017 entrou na Academia da Historia de Portugal, en 2021 a Fundación de Historia de España de Arxentina dedicoulle un libro monográfico e en 2022 o seu libro El Vuelo corto. Mujeres y migraciones en la Edad Moderna, publicado pola USC, foi galardoado co Premio Nacional de Historia 2022.

Próximos eventos Ver axenda