Conferencia «Cerámica: función e deseño» de Miguel Vázquez

Data
Luns, 6 de febreiro de 2023
Horario
19.30h
Lugar
Rúa do Vilar, 19, Santiago de Compostela
Máis información

Acceso libre ata completar a capacidade da sala

Arte, Educación e Cultura
Compartir

O luns, 6 de febreiro, ás 19.30h o Ateneo de Santiago ten programada na Rúa do Vilar, 19, de Santiago de Compostela unha conferencia, organizada pola Sección Arte, Educación e Cultura, titulada «Cerámica: función e deseño», que estará impartida por Miguel Vázquez, Profesor de Cerámica de Vigo.

Miguel Vázquez, membro da Academia Internacional de Cerámica de Xenebra dende o ano 2000, foi Profesor de cerámica no Obradoiro de Cerámica da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo dende 1986 a 2022. Estudou na Escola Mestre Mateo en Santiago de Compostela, cidade onde tamén realizou unha das súas primeiras exposicións na Galería Sargadelos en 1987. As exposicións individuais sucedéronse sen descanso en numerosos lugares de España, Suecia, Francia, Suíza e Xapón. A elas hai que engadir as colectivas en países como Luxemburgo, Croacia, Austria e Portugal, entre outros. Recoñecido con numerosos premios, as súas obras están presentes en numerosos puntos de España, como a Fundación Llorens Artigas, Deputacións ou bancos galegos, así como do estranxeiro, como a Academia Internacional de Cerámica de Xenebra, o Het Kruithuis Musseum de Holanda, o Museum of Contemporary Fine Craft de Xapón e o Museo de Sevres en París.

Próximos eventos Ver axenda