Debate sobre «Chicas muertas» de Selva Almada

Data
Martes, 2 de maio de 2023
Horario
17.45h
Lugar
Ateneo de Santiago
Compartir

Os días 25 de abril e 2 de maio, ás 17.45h no local social do Ateneo de Santiago (Pr. Salvador Parga, 4, 2º) terán lugar novas sesións do Club de Lectura, onde se comentará a obra Chicas muertas, de Selva Almada.

Chicas muertas  conta a historia de tres adolescentes de provincia asasinadas nos anos oitenta, tres mortes impunes ocorridas cando aínda se descoñecía o termo femicidio. Forman parte dos centos de mortes que non alcanzan para titulares de tapa nin convocan ás cámaras das canles de Buenos Aires. Son tres casos que chegan desordenados: anúnciaos a radio, conmemóraos un diario do pobo, alguén os lembra nunha conversación. Os crimes ocorren no interior do país, mentres Arxentina festexaba o regreso da democracia. Estes casos, convertidos en obsesión co paso dos anos, dan lugar a unha investigación atípica e infrutuosa. Con esta obra a autora abre novos rumbos á non ficción latinoamericana.

Selva Almada (Villa Elisa, 1973) é unha escritora e xornalista arxentina, considerada na actualidade unha das máis importantes de Arxentina e América Latina.​ A súa primeira novela, El viento que arrasa (2012), foi eloxiada e catalogada como «novela do ano» pola Revista Ñ,​ mentres que a súa crónica de non-ficción Chicas muertas (2014) consolidouna como escritora feminista. A prosa nítida de Selva Almada plasma en negro o invisible, e as formas cotiás da violencia contra nenas e mulleres pasan a integrar una mesma trama intensa e vívida.

Próximos eventos Ver axenda