Conferencia «Picasso, unha biografía galega» de Rubén Ventureira

Data
Luns, 16 de xaneiro de 2023
Horario
19.30h
Lugar
Rúa do Vilar, 19, Santiago de Compostela
Máis información

Acceso libre ata completar a capacidade da sala

Arte, Educación e Cultura
Compartir

O luns, 16 de xaneiro, ás 19.30h o Ateneo de Santiago ten programada na Rúa do Vilar, 19, de Santiago de Compostela unha conferencia, organizada pola Sección Arte, Educación e Cultura para conmemorar o Ano Picasso, titulada «Picasso, unha biografía galega», que estará impartida por Rubén Ventureira, Xornalista, escritor e biógrafo de Picasso.

Rubén Ventureira, Máster en Xornalismo, xestor cultural e comisario de exposicións, foi Coordinador do evento «A Coruña. 120 anos despois» (2015), dedicado á etapa coruñesa de Picasso e que constou de seis exposicións, entre elas El primer Picasso. A Coruña 1891-1895 (Museo Belas Artes da Coruña, 2015), mostra da que foi membro do comité técnico e codirector do catálogo. Nos últimos anos ten comisariado, entre outras, as exposicións Gumersindo Pardo Reguera. Inspirador de Picasso (Museo Provincial de Lugo, 2016; Palexco, A Coruña, 2017); Picasso visto por Edward Quinn (Museo Picasso de Buitrago de Lozoya, Comunidad de Madrid, 2017) e Picasso. A formación dun xenio (Yuely Art Museum, China 2018). É autor dos libros Picasso Azul y Blanco. A Coruña: el nacemento de un pintor (2014) e Picasso, Ramón Pérez Costais y el Colegio de Médicos de A Coruña (2019). Ademais, publicou diversos artigos sobre Picasso en varios catálogos. En 2023 será comisario da exposición Picasso branco no recordo azul. Debuxando o futuro, no Museo de Belas Artes da Coruña.

Próximos eventos Ver axenda