Conferencia «O Padre Feijóo e o Dereito do seu tempo. Unha visión premonitoria dos problemas actuais» de Luis Rodríguez Ennes

Data
Luns, 28 de novembro de 2022
Horario
19.30h
Lugar
Rúa do Vilar, 19, Santiago de Compostela
Máis información

Acceso libre ata completar a capacidade da sala

Compostela
Compartir

O luns, 28 de novembro, ás 19.30h o Ateneo de Santiago ten programada na Rúa do Vilar, 19, de Santiago de Compostela unha conferencia, organizada pola Sección Compostela, titulada «O Padre Feijóo e o Dereito do seu tempo. Unha visión premonitoria dos problemas actuais», que estará impartida por Luis Rodríguez Ennes, Catedrático emérito de Dereito Romano da Universidade de Vigo e ex-Secretario Xeral da USC.

Luis Rodríguez Ennes, Licenciado e Doutor en Dereito co número un do premio extraordinario pola USC, exerceu nesta Universidade os cargos de Vicedecano da Facultade de Dereito (1983-1986), Secretario Xeral (1986-1989) e Vicepresidente do Claustro Universitario (1984-1986). A continuación, na Universidade de Vigo, exerceu como Vicepresidente do Claustro Universitario Constituínte (1990-1994), asesor xurídico (1990-1993) e Decano da Facultade de Dereito (1990-2000).  Foi membro do consello rector da EGAP (Escola Galega de Administración Pública) (1990-1996), da Societé D’historie Jean Bodin (Bruselas, 1986), da Societé International des Droits de la Antiguité (Bruselas, 1981), da Asociación Española para el Estudio del Derecho Romano (Madrid, 1984) e da Asociación Internacional de Estudios Gallegos (Oxford, 1996). Tamén foi Director da revista «Lingua e Dereito» da Universidad de Vigo, ten publicadas máis de cen obras e recibiu varios premios como o Premio Manuel Colmeiro de investigación da Xunta de Galicia.

Próximos eventos Ver axenda