Conferencia «Resistencia aos antibióticos» de Marisa Pérez del Molino

Data
Luns, 21 de novembro de 2022
Horario
19.30h
Lugar
Rúa do Vilar, 19, Santiago de Compostela
Máis información

Acceso libre ata completar a capacidade da sala

Ciencia, Tecnoloxía e Medio Ambiente
Compartir

O luns, 21 de novembro, ás 19.30h o Ateneo de Santiago ten programada na Rúa do Vilar, 19, de Santiago de Compostela unha conferencia, organizada pola Sección Ciencia, Tecnoloxía e Medio Ambiente, titulada «Resistencia aos antibióticos», que estará impartida por Marisa Pérez del Molino, Xefa do servizo de Microbioloxía do Complexo Hospitalario de Santiago.

Marisa Pérez del Molino, Doutora en Farmacia, é especialista en Microbioloxía e Parasitoloxía. Xefa deste servizo na EOXI de Santiago dende 2016, é tamén investigadora principal neste campo nun grupo do Instituto de investigación Sanitario de Santiago (IDIS). Foi responsable do Laboratorio de Referencia de Micobacterias de Galicia entre 1998 e 2020 e Facultativo Especialista da Área de Microbioloxía do CHUS dende 1988 ata 2011. Entre 2004 e 2009 foi docente da área de Microbioloxía na USC así como de cursos monográficos do Dutoramento e ten publicados numerosos artigos científicos relacionados co seu ámbito investigador.