Visita guiada á exposición «A Minerva Compostelá no seu pasado» no Colexio de Fonseca

Data
Martes, 15 de novembro de 2022
Horario
19.30h
Lugar
Colexio de Fonseca
Ateneo Viaxeiro
Compartir

O martes, 15 de novembro, ás 19.30h o Ateneo de Santiago realizará unha visita á exposición «A Minerva Compostelá no seu pasado», situada no Colexio de Fonseca, que estará guiada polo seu Comisario José Manuel García Iglesias.

As prazas son limitadas polo que todo aquel que queira participar deberá inscribirse no enderezo ateneo@ateneodesantiago.gal, admitíndose unicamente a inscrición dun máximo de dúas persoas en cada solicitude e tendo preferencia de admisión os/as socios/as do Ateneo. A data límite para anotarse é o domingo, 13 de novembro.

Continuación da mostra «A Minerva Compostelá. As súas glorias», esta segunda entrega fai un percorrido polo pasado da USC nunha efeméride moi significativa: 500 anos despois de que o cóengo Joaquín Auñón se recoñecera como reitor do ‘Colexio do Glorioso Apóstolo Santiago o Maior’, despois Colexio de San Xerome. Así, o Salón Artesoado acolle unha selección de retratos de reitores dende o século XVI, ademais de cadros de Valle-Inclán e Rosalía de Castro e dúas esculturas de Francisco Asorey. Pola súa banda, na Capela recóllese unha selección de pezas de artistas falecidos como Maruja Mallo ou Elena Colmeiro e a Sancristía rende tributo ao reitor Alejandro Rodríguez Cadarso.

Próximos eventos Ver axenda