Conferencia «O espolio nazi: causas, desenvolvemento e consecuencias» de Miguel Martorell

Data
Luns, 14 de novembro de 2022
Horario
19.30h
Lugar
Rúa do Vilar, 19, Santiago de Compostela
Máis información

Acceso libre ata completar a capacidade da sala

Arte, Educación e Cultura
Compartir

O luns, 14 de novembro, ás 19.30h o Ateneo de Santiago ten programada na Rúa do Vilar, 19, de Santiago de Compostela unha conferencia, organizada pola Sección Arte, Educación e Cultura, titulada «O espolio nazi: causas, desenvolvemento e consecuencias», que estará impartida por Miguel Martorell, Catedrático de Historia Política e Social da UNED.

Miguel Martorell Linares é Catedrático de Historia Política e Social no departamento de Historia Social da Facultade de Ciencias Políticas e Socioloxía da UNED. Ao longo da súa carreira, simultaneou as investigacións sobre historia económica, historia política e historia cultural. É autor de setenta capítulos de libros e artigos académicos en revistas especializadas, así como dos libros El santo temor al déficit. Política y Hacienda en la Restauración (Alianza Editorial, 2000), Historia de la peseta. España contemporánea a través de su moneda (Barcelona, Planeta, 2001), José Sánchez Guerra. Un hombre de honor. (1859-1935) (Madrid, Marcial Pons, 2011), Manual de Historia Política y Social de España (1808-2018), escrito con Santos Juliá (Barcelona, RBA-UNED, 2012, reeditado en cinco ocasións), La Hacienda Pública en el Franquismo. La guerra y la autarquía (1936-1959), escrito con Francisco Comín (Madrid, Instituto de Estudios Fiscales, 2013), Duelo a muerte en Sevilla. Una historia española del novecientos (A Coruña, Ediciones del Viento, 2016) e El expolio nazi (Barcelona, Galaxia, 2020), co que ganou en 2021 o Premio Juan José Carreras que outorga a Asociación de Historia Contemporánea ao mellor libro de historia do ano.

Próximos eventos Ver axenda