Conferencia «Riscos ambientais para as rías galegas de cara ao futuro próximo: feitos e mitos» de Ricardo Beiras

Data
Luns, 17 de outubro de 2022
Horario
19.30h
Lugar
Rúa do Vilar, 19, Santiago de Compostela
Máis información

Acceso libre ata completar a capacidade da sala

Compartir

O luns, 17 de outubro, ás 19.30h o Ateneo de Santiago ten programada na Rúa do Vilar, 19, de Santiago de Compostela unha conferencia titulada «Riscos ambientais para as rías galegas de cara ao futuro próximo: feitos e mitos», que estará impartida por Ricardo Beiras, Catedrático de Ecoloxía da Universidade de Vigo, foi Director da Estación de Ciencias Mariñas de Toralla (ECIMAT).

Ricardo Beiras, licenciado en Bioloxía pola Universidade de Santiago, rematou o seu doutoramento en acuicultura no Instituto Español de Oceanografía (I.E.O.) en 1992. Dende entón traballou como investigador no Plymouth Marine Laboratory (PML, Reino Unido), no IFREMER, Station d'Arcachon (Francia), na Universidade de Amberes (Bélxica) e na Universidade de Vigo (Galicia, España) onde é Catedrático de Ecoloxía, impartindo clases de Contaminación Mariña na Facultade de Ciencias do Mar. Foi Director da ECIMAT, a Estación de Ciencias Mariñas de Toralla, da Universidade de Vigo, cunha plantilla de ca. 20 persoas, durante 10 anos. É un experto internacional en contaminación mariña (+150 artigos en revistas SCI), tendo dirixido 11 teses de doutoramento e 27 Proxectos de Investigación Científica no eido das Ciencias Mariñas. Experto baixo contrato para roldas de avaliación da UE, na actualidade coordina o Proxecto Europeo LABPLAS, un proxecto con 16 institucións de 8 países, no que participa a industria, destinado a tratar de reducir as emisións terrestres de plástico ao medio ambiente. 

Próximos eventos Ver axenda