Conferencia «Mitigación do cambio climático: unha aproximación económica» de Xavier Labandeira

Data
Luns, 3 de outubro de 2022
Horario
19.30h
Lugar
Rúa do Vilar, 19, Santiago de Compostela
Máis información

Acceso libre ata completar a capacidade da sala

Compartir

O luns, 3 de outubro, ás 19.30h o Ateneo de Santiago ten programada na Rúa do Vilar, 19, de Santiago de Compostela unha conferencia titulada «Mitigación do cambio climático: unha aproximación económica», que estará impartida por Xavier Labandeira, Catedrático de Economía da Universidade de Vigo.

Xavier Labandeira Villot, Catedrático de Economía na Universidade de Vigo, pertence ao grupo de investigación Rede e ao centro de investigación ECOBAS. Tamén é Director de Economics for Energy, un centro de investigación privado especializado na análise das cuestións enerxéticas. Investigador afiliado ao CEEPR do MIT, forma parte do Grupo Intergubernamental sobre Cambio Climático da ONU (IPCC) para a elaboración dos seus Quinto e Sexto Informes de Avaliación. Asemade, dirixiu a Florence School of Regulation-Climate no European University Institute de Florencia (2014-2017) e foi responsable da Cátedra sobre Enerxía e Desenvolvemento Sostible na UV (2011-2019) e da Cátedra sobre Economía do Cambio Climático en FEDEA (2007-2009). As súas investigacións sitúanse na fronteira entre a economía climática, pública e enerxética, publicando nas principais revistas académicas do campo e participando asiduamente, en moitos casos como organizador, en congresos e seminarios académicos. Ten dirixido abundantes teses doutorais e proxectos de investigación, públicos e privados, e realizou estadías en varias universidades internacionais. Actualmente é membro do 'Policy Outreach Committee' de EAERE dende 2018, tendo sido xa anteriormente membro do Comité de Persoas Expertas para a Elaboración do Libro Branco sobre Reforma do Sistema Tributario Español. En 2019 a Academia Galega de Ciencias concedeulle a medalla á traxectoria investigadora no ámbito económico e das ciencias sociais na sua primeira edición.

Próximos eventos Ver axenda