Compositores, xéneros e contextos

Data
Do 7 ao 24 de outubro de 2022
Horario
20.30h
Lugar
Paraninfo da Universidade, Igrexa da Universidade, Teatro Principal e Salón Teatro
Máis información

Web Ateneo Barroco

Venda de entradas

Compartir

COMPOSITORES, XÉNEROS E CONTEXTOS
charlas e encontros cos artistas

A actividade complementaria e didáctica do festival Ateneo Barroco formúlase co obxectivo de facilitar, dun xeito distendido e próximo, o achegamento aos artistas e os seus instrumentos, á música e a súa historia, tomando como base os contidos do festival. As breves sesións, pensadas para calquera tipo de público e de media hora de duración, teñen lugar durante as tardes no espazo de celebración de cada actuación e, sen dúbida, volverán a contribuír a preparar ao público para unha audición máis enriquecedora de cada concerto. Os protagonistas destes encontros son os artistas do festival, músicos especialistas e profundos coñecedores das súas ferramentas de traballo e dos contidos dos seus programas de concerto, nesta cuarta edición do festival centrados nas figuras de compositoras e compositores singulares como Isabella Leonarda, Josquin Desprez, Tobias Hume e Sebastián Durón, dos que descubriremos enriquecedoras achegas sobre as súas composicións, os seus recursos expresivos e estilísticos e os moi diversos ambientes, contornas e circunstancias, recursos, esixencias e oportunidades, público e destinatarios, nos que xurdiu a súa obra.

Compositores, xéneros e contextos # 1
Isabella Leonarda
MANUEL VILAS
Paraninfo da Universidade (Facultade de Xeografía e Historia)
Venres 7 outubro 2022 | 20.30h

Compositores, xéneros e contextos # 2
Tobias Hume
FRANCISCO LUENGO
Igrexa da Universidade
Martes 11 outubro 2022 | 20.00h

Compositores, xéneros e contextos # 3
Josquin Desprez
ARIEL ABRAMOVICH
Teatro Principal
Venres 21 outubro 2022 | 20.00h

Compositores, xéneros e contextos # 4
Sebastián Durón
FAHMI ALQHAI
Salón Teatro
Luns 24 outubro 2022 | 20.00h

Próximos eventos Ver axenda