Visita ao patrimonio, natureza e cultura de LEÓN, ASTORGA E ARREDORES

Os días 29 e 30 de setembro e 1 de outubro o Ateneo de Santiago realizará unha viaxe a León, capital monumental reflexo da historia da comunidade autónoma de Castela e León, cunha poboación próxima aos 140.000 habitantes. O relato histórico abrangue dende o tempo dos romanos ao do rei Ordoño II -o rei leonés máis querido-, pasando polos canteiros das catedrais, as liñaxes de persoeiros ilustres, Quiñones e Guzmáns, Gaudí, os bohemios do barrio húmido e, por conseguinte, os peregrinos do Camiño de Santiago.

Visitaremos, ademais da capital, algúns dos máis importantes arredores como son a Cova de Valporquero, a cidade de Astorga e Castrillo de Polvazares, seguindo un atractivo programa no que se combina a visita ao patrimonio máis destacado coa natureza da comunidade, saboreando, por conseguinte, unha variada mostra da gastronomía típica.

PROGRAMA:

XOVES, 29 DE SETEMBRO:

8.30h. Saída da Rúa da Rosa de Santiago.

MAÑÁ:

Visita á Cova de Valporquero
A catedral subterránea de León, unha das marabillas xeolóxicas da provincia. A visita, acompañada por unha guía da cova, dura dúas horas, facendo o percorrido normal (distancia: 1,6 km). Salas: Gran Rotonda, Pequenas Marabillas, Fadas, Cemiterio Estalactítico e inicio de Gran Vía. A temperatura interior é de 7º de media cunha humidade do 99%. Recoméndase roupa de abrigo e calzado cómodo. 

Xantar no Restaurante Las Rocas (Vegacervera)

TARDE:

Vista panorámica de Hoces de Vegacervera
Espacio natural de paisaxe kárstica, onde o río Torío forma un profundo canón serpenteante con paredes verticais de roca caliza de máis de 500 metros de altura.

Entrada no aloxamento de León Hotel París***

Visita nocturna pola zona monumental de León
Realizarase a visita de historias e lendas, percorrendo o casco antigo e rematando no Barrio Húmedo, onde se pode cear ou tapear.

Cea libre

VENRES, 30 DE SETEMBRO

MAÑÁ:

Visita guiada á cidade de León
Visitaranse os monumentos da Praza de San Marcelo, a Catedral e a Igrexa e Museo de San Isidoro.

Xantar no Restaurante La Cueva de San Simón en Valdevimbre (restaurante situado nunha antiga bodega de viño nunha cova subterránea).

Tarde libre

Cea libre

SÁBADO, 1 DE OUTUBRO

MAÑÁ:

Visita a Astorga
Capital da comarca da Maragatería, é sede episcopal. Nacida dun campamento militar romano (s. I a.C.), desenvolveuse como un importante nó de comunicación co noroeste español e gozou de certa prosperidade pola mineiría de ouro nos primeiros séculos da nosa era. Tamén foi parte do reino dos suevos, tomada polas tropas musulmás e reconquistada pola monarquía asturiana. Sufriu o acoso musulmán da man de Almanzor (s. X) e a ocupación francesa ata a súa capitulación en 1812. Entre mediados do século XIX e principios do XX acadou un importante desenvolvemento industrial. 
Farase un paseo guiado polo seu centro histórico, onde veremos o seu patrimonio no que destacan a Catedral, museos, o palacio de Gaudí e Santa Colomba de la Vega. 

Xantar no Restaurante La Peseta (Astorga). 

TARDE:

Visita a Castrillo de los Polvazares
Localidade pertencente ao municipio de Astorga, na comarca da Maragatería. Foi declarada en 1980 conxunto histórico-artístico de valor monumental. Historicamente os habitantes de Castrillo eran arrieiros maragatos, que gozaron de gran poder entre os séculos XVI e XIX, eran comercinates de viños, peixes en salgadura, embutidos, etc. As súas rúas están empedradas e conserva as típicas casas arrieiras, algunhas con grandes portas para o paso dos carros e con patios interiores. No século XVI reconstruíuse na ubicación actual despois de ter sido destruída a antiga localidade polas riadas. 

Regreso á Rúa da Rosa de Santiago. 

O prezo da viaxe roldará os 260€ por persoa en habitación dobre, cun suplemento de 30€ para as persoas que non sexan socias do Ateneo. 
O prezo inclúe:
   - Autobús.
   - 2 noites no Hotel París de León en habitación dobre en réxime de aloxamento e almorzo.
   -3 comidas en grupo.
   - Visitas.
O prezo non inclúe:
   - Ceas.

As inscricións deberán realizarse no enderezo electrónico ateneo@ateneodesantiago.gal ata o domingo, 11 de setembro, admitíndose unicamente a inscrición dun máximo de dúas persoas en cada solicitude e tendo preferencia de admisión os/as ateneístas. Aqueles que sexan admitidos deberán ingresar o importe da visita antes do prazo que se lle indique no mail de confirmación.

MENÚS:

Restaurante Las Rocas (Vegacervera):
           Entrantes (a elixir):
                      Arroz de Vegacervera (con carne de chivo e porco)
                      Ensalada mixta con cecina de vacuno e vinagreta de mel
                      Croquetas caseiras de xamón
           Prato principal (a elixir):
                      Polo guisado
                      Caldeireta de tenreira da montaña leonesa
                      Chipiróns encebolados na súa tinta
           Sobremesa (a elixir):
                      Crema de iogur e limón
                      Crema de queixo con galleta
                      Flan de ovo elaborado ao vacío
           Bebidas: viño tinto ou rosado, gasosa, auga
           Café de pota

Restaurante La Cueva de San Simón (Valdevimbre):
           Táboas de cecina e queixo añejo
           Cogollos de Tudela á vinagreta de tomate con xamón ibérico e pementos do Bierzo
           Revolto de setas e langostinos
           Picadillo de porco con patacas fritas e ovos de curral
           Sobremesas caseiras
           Bebidas: viño (D.O. Tierra de León), gasosa e auga
           Café

Restaurante La Peseta (Astorga):
           Cocido Maragato, consitente en:
                      1º Carnes: morcillo, lacón, costela, chourizo, panceta, orella, touciño e recheo
                      2º Garabanzos, patacas e repolo
                      3º Sopa de cocido
           Natillas con mantecada
           Bebidas: viño tinto Bierzo da casa e auga
           Café

Próximos eventos Ver axenda