Mesa redonda «Compostela: Axenda urbana 2030» con María Cadaval e Santiago Lago

Data
Luns, 6 de xuño de 2022
Horario
19.30h
Lugar
Rúa do Vilar, 19, Santiago de Compostela
Máis información

Acceso libre ata completar a capacidade da sala

Anexos
Propostas do Ateneo para a Axenda urbana 2030
Compartir

O luns, 6 de xuño, ás 19.30h o Ateneo de Santiago ten programada na Rúa do Vilar, 19, de Santiago de Compostela unha mesa redonda titulada «Compostela: Axenda urbana 2030», que contará coa participación dos economistas María Cadaval e Santiago Lago.

María Cadaval Sampedro é Profesora de Economía Aplicada da Universidade de Santiago de Compostela e Doutora Europea en Economía Aplicada. As súas liñas de investigación céntranse no federalismo fiscal, a descentralización, o Goberno multinivel,  as Facendas local e autonómica, o gasto público, a imposición, o presupuesto público e a eficiencia. Pertence á Red de Investigadores en Financiación Autonómica y Descentralización Financiera en España (RIFDE) e ao Observatorio Internacional de la Regulación de las Entidades del Sector Público (OIRESP), así como á Rede Internacional de Economía Pública Local. No ámbito da xestión, é adxunta ao Vicerreitorado de Estudantes, Cultura e Responsabilidade Social Corporativa da USC, Coordinadora do Servizo de Universitario de Residencias, membro da Comisión de Estudos Propios da USC e Coordinadora do 4º curso e TFG no Grao de Economía. Anteriormente, foi coordinadora académica adxunta da Cátedra Bolívar para as relacións da USC con América Latina e membro do consello de redacción de varias revistas especializadas así como do comité científico de diversos congresos e encontros de carácter nacional e internacional. Actualmente tamén é columnista e colaboradora de varios medios de comunicación en prensa escrita, radio e TV.

Santiago Lago Peñas é Catedrático de Economía Aplicada da Universidade de Vigo e Director do Departamento de Economía Aplicada da mesma Universidade. Investigador asociado ao Institut d'Economia de Barcelona (IEB) e colaborador de FUNCAS, a súa principal área de investigación é a economía pública e, máis especificamente, o federalismo fiscal e a descentralización. Dirixe o Foro Económico de Galicia e as Cátedras de empresa familiar e finanzas rexionais da Universidade de Vigo e codirixe a Rede de Investigadores en Financiación Autonómica e Descentralización Financeira en España (RIFDE). Traballa como experto para o Banco Mundial, a Comisión Europea, a OCDE, o Foro de Federacións, a Corporación RAND e a Asemblea de Rexións Europeas e foi elixido polo Parlamento de Galicia como o representante de Galicia para a reforma do sistema de financiamento autonómico. Pertence ao comité de persoas expertas para a reforma do sistema tributario do Ministerio de Facenda e ao comité asesor da Fundación Transforma España. Anteriormente, foi coordinador do grupo de expertos creado pola Xunta de Galicia para afrontar os retos económicos formulados pola COVID-19, conselleiro da Sociedade para o desenvolvemento de proxectos estratéxicos en Galicia e membro do Consello Económico e Social de Galicia entre 2003 e 2011. É editor asociado da revista Hacienda Pública española/Review of Public economics, a revista científica do Instituto de Estudos Fiscais do Ministerio de Facenda, e en 2010 obtivo o Premio de investigación Josep Maria Vilaseca i Marcet do Institut de Estudos Autonómics da Generalitat de Cataluña.

Próximos eventos Ver axenda