Conferencia «Ciberseguridade: preparados para esta pandemia?» de Fernando Suárez

Data
Luns, 30 de maio de 2022
Horario
19.30h
Lugar
Rúa do Vilar, 19, Santiago de Compostela
Máis información

Acceso libre ata completar a capacidade da sala

Compartir

O luns, 30 de maio, ás 19.30h o Ateneo de Santiago ten programada na Rúa do Vilar, 19, de Santiago de Compostela unha conferencia titulada «Ciberseguridade: preparados para esta pandemia?», que estará impartida por Fernando Suárez, Presidente do Colexio Profesional de Enxeñería Informática de Galicia.

Fernando Suárez Lorenzo é un dos impulsores do  Colexio Profesional de  Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG), órgano que preside dende a súa constitución en decembro de 2007. Dende xaneiro de 2018 desenvolve a súa actividade profesional na  Deputación de Ourense, como Director da área de Transparencia e Goberno Aberto. Forma parte do Consello Consultivo para a Transformación Dixital do Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital e do Comité Técnico do Congreso de Cidades Intelixentes, así como do Consello Consultivo da Asociación multisectorial de novas tecnoloxías da información e da comunicación (INEO) e do padroado da Fundación CITIC (Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións). Previamente ten traballado na Axencia de Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), como xefe do Departamento de Sistemas, así como no Concello de Santiago de Compostela, primeiro como xefe de Sistemas e Comunicacións e logo como xefe de Innovación, liderando o proxecto Smartiago. Recibiu varios premios e recoñecementos, como o premio i3 á Traxectoria Profesional Nacional ou o premio de Galego do Ano, así como un recoñecemento sobre a concienciación en seguridade nos Premios Internacionais de Seguridade  Cibernética e Protección de Datos de ISMS Forum  Spain.