Conferencia «Ucraína: as guerras da memoria» de Xosé M. Núñez Seixas

Data
Luns, 23 de maio de 2022
Horario
19.30h
Lugar
Rúa do Vilar, 19, Santiago de Compostela
Máis información

Acceso libre ata completar a capacidade da sala

Sociedade Civil
Compartir

O luns, 23 de maio, ás 19.30h o Ateneo de Santiago ten programada na Rúa do Vilar, 19, de Santiago de Compostela unha conferencia, organizada pola Sección Sociedade Civil, titulada «Ucraína: as guerras da memoria», que estará impartida por Xosé M. Núñez Seixas, Catedrático de Historia Contemporánea da USC.

Xosé M. Núñez Seixas é Catedrático de Historia Contemporánea na USC e Doutor de Historia Contemporánea polo Instituto Universitario Europeo de Florencia. Forma parte dos consellos de redacción das revistas Historia Social e Passato e Presente. Ademais, dende 2018 é Vicepresidente do Consello da Cultura Galega. Está especializado no estudo comparado dos nacionalismos europeos e ibéricos nos séculos XIX e XX, así como nos estudos migratorios e na historia cultural da violencia no século XX. 

Próximos eventos Ver axenda