Conferencia «Florencio Delgado Gurriarán. Poeta valdeorrés, republicano e galeguista» de Ricardo Gurriarán
- Data
- Luns, 2 de maio de 2022
- Horario
- 19.30h
- Lugar
- Rúa do Vilar, 19, Santiago de Compostela
- Máis información
Acceso libre ata completar a capacidade da sala
O luns, 2 de maio, ás 19.30h o Ateneo de Santiago ten programada na Rúa do Vilar, 19, de Santiago de Compostela unha conferencia para conmemorar o Día das Letras Galegas titulada «Florencio Delgado Gurriarán. Poeta valdeorrés, republicano e galeguista», que estará impartida por Ricardo Gurriarán, Historiador, autor da primeira biografía de Florencio Delgado Gurriarán.
Ricardo Gurriarán Rodríguez, Doutor en Historia Contemporánea pola Universidade de Santiago de Compostela, centra as súas liñas de investigación na cultura deportiva e a guerra civil española en varios equipos de investigación da USC e da Fundación 10 de marzo. Participou en varias obras colectivas e comisariou diferentes exposicións. Ten publicados máis de cincuenta artigos e media ducia de libros entre os que destacan Florencio Delgado Gurriarán, vida e obra dun poeta valdeorrés, republicano e galeguista (1999), primeira biografía do poeta; Gonzalo Gurriarán (1904-1975), co que obtivo o Premio Tertuliano Hervella en 2003; e Ciencia e conciencia na Universidade de Santiago (1900-1936), Premio da Crítica 2007.