Visita guiada á exposición «Xacobeo. As pegadas do Camiño» no Museo Centro Gaiás

Data
Venres, 6 de maio de 2022
Horario
18.00h
Lugar
Museo Centro Gaiás
Máis información

Máis información

Ateneo Viaxeiro
Compartir

O venres, 6 de maio, ás 18.00h o Ateneo de Santiago realizará unha visita á exposición «Xacobeo. As pegadas do Camiño», situada no Museo Centro Gaiás, que estará guiada polo seu Comisario Darío Villanueva.

As prazas son limitadas polo que todo aquel que queira participar deberá inscribirse no enderezo ateneo@ateneodesantiago.gal, admitíndose unicamente a inscrición dun máximo de dúas persoas en cada solicitude e tendo preferencia de admisión os/as socios/as do Ateneo. A data límite para anotarse é o martes, 3 de maio.

Alén da dimensión humana e espiritual do Camiño, esta exposición susténtase, a través dunha escolla de 200 pezas, na fonda experiencia cultural que produciu e produce o percorrido xacobeo, deixando ao seu paso pegadas visuais, musicais, arquitectónicas ou literarias. Todas elas conflúen nesta mostra, onde se salienta a vocación europeísta que distinguiu dende a súa orixe a ruta xacobea. Así, ofrece dunha maneira poliédrica unha selección de pezas significativas das facetas históricas, culturais, artísticas, literarias, sociolóxicas, políticas, antropolóxicas, xeográficas, paisaxísticas e vivenciais a través dunha selección de manuscritos, mapas, fotografías, pezas musicais, libros de viaxe, gravados, estampas ou referencias fílmicas, testemuños diversos que o Camiño de Santiago deixou dende a Idade Media e que se conservan na Biblioteca Nacional e noutras institucións culturais de dentro e fóra de España como o Museo do Prado, o Arquivo da Catedral de Santiago ou o Centro italiano di Studi Compostellani.

Próximos eventos Ver axenda