Conferencia «Educación en valores a través do cine» de Miguel Vázquez Freire

Data
Luns, 25 de abril de 2022
Horario
19.30h
Lugar
Sede Afundación (Rúa do Vilar, 19)
Máis información

Acceso libre ata completar a capacidade da sala

MOSTRA INTERNACIONAL DE CINE E EDUCACIÓN (CINEDUCA)

Compartir

O luns, 25 de abril, ás 19.30h o Ateneo de Santiago ten programada na Rúa do Vilar, 19, de Santiago de Compostela unha conferencia dentro da Mostra Internacional de Cine e Educación (CINEDUCA) titulada «Educación en valores a través do cine», que estará impartida por Miguel Vázquez Freire, Profesor de Filosofía no Ensino Medio.

Miguel Vázquez Freire estudou Filosofía e Letras nas universidades de Santiago de Compostela e Complutense de Madrid, licenciándose na especialidade de Filosofía. Foi director da revista Golfiño e codirector da colección Merlín de Xerais, así como promotor de Pé de Imaxe e de Nova Escola Galega e coautor dos materiais educativos de Filosofía de Xerais entre 1990 e 2003. Tamén colaborou como crítico e comentarista de literatura infantil en diversas publicacións como a Revista Galega de Educación, Cuadernos de Pedagogía, CLIJ, El Urogallo e nas páxinas culturais e educativas de La Voz de Galicia e Faro de Vigo

Esta actividade enmárcase no programa Cultura por alimentos de Afundación, a Obra Social ABANCA, en colaboración coa Federación Española de Bancos de Alimentos, co obxectivo de contribuír, a través de doazóns, a incrementar os recursos dos Bancos de Alimentos de Galicia. Convidamos a todos os asistentes a colaborar con esta campaña solidaria mediante a doazón de alimentos non perecedoiros, os cales se poderán depositar na entrada da sede da Rúa do Vilar.