Proxección da película «O bo mestre»

Data
Mércores, 11 de maio de 2022
Horario
19.00h
Lugar
Sede Afundación (Rúa do Vilar, 19)
Máis información

Acceso libre ata completar a capacidade da sala

MOSTRA INTERNACIONAL DE CINE E EDUCACIÓN (CINEDUCA)

Compartir

O mércores, 11 de maio, ás 19.00h o Ateneo de Santiago ten programada na sede de Afundación (Rúa do Vilar, 19, de Santiago de Compostela) a proxección da película «O bo mestre» (Les grands esprits) de Olivier Ayache-Vidal. Esta proxección, comprendida dentro da Mostra Internacional de Cine e Educación (CINEDUCA), estará presentada e comentada por Xosé Armas, Director do Departamento de Didácticas aplicadas da USC.

O bo mestre (Les grands esprits)
Francia, 2017. Director: Olivier Ayache-Vidal
François Foucault, de corenta anos, é profesor de literatura no prestixioso instituto de París, Henri IV. Unha serie de circunstancias obrígano a deixar o seu posto e a aceptar unha praza nun instituto do extrarradio da cidade, nunha zona conflitiva. 

Xosé Armas Castro, Profesor Titular de Didáctica das Ciencias Sociais da USC, é actualmente Director do Departamento de Didácticas aplicadas e membro do Grupo de Investigación RODA (Razoamento, discurso e argumentación), con sede no Departamento de Didácticas aplicadas, na que participou en diversos proxectos de investigación competitivos. Autor de libros, artigos científicos e conferencias en Congresos nacionais e internacionais sobre Didáctica da historia e das Ciencias sociais e Historia medieval, tamén é membro da Asociación Universitaria de Profesorado de Didáctica das Ciencias Sociais e da Sociedade Española de Estudos medievais.

Esta actividade enmárcase no programa Cultura por alimentos de Afundación, a Obra Social ABANCA, en colaboración coa Federación Española de Bancos de Alimentos, co obxectivo de contribuír, a través de doazóns, a incrementar os recursos dos Bancos de Alimentos de Galicia. Convidamos a todos os asistentes a colaborar con esta campaña solidaria mediante a doazón de alimentos non perecedoiros, os cales se poderán depositar na entrada da sede da Rúa do Vilar.

Próximos eventos Ver axenda