Proxección da película «Os días do pasado»

Data
Martes, 3 de maio de 2022
Horario
19.00h
Lugar
Sede Afundación (Rúa do Vilar, 19)
Máis información

Acceso libre ata completar a capacidade da sala

MOSTRA INTERNACIONAL DE CINE E EDUCACIÓN (CINEDUCA)

Compartir

O martes, 3 de maio, ás 19.00h o Ateneo de Santiago ten programada na sede de Afundación (Rúa do Vilar, 19, de Santiago de Compostela) a proxección da película «Os días do pasado» (Los días del pasado) de Mario Camus. Esta proxección, comprendida dentro da Mostra Internacional de Cine e Educación (CINEDUCA), estará presentada e comentada por José Manuel González Herrán, Catedrático de Literatura Española e Profesor emérito da USC.

Os días do pasado (Los días del pasado)
España, 1977. Director: Mario Camus
Juana é unha mestra malagueña que chega a Carmona (Cantabria) para ocupar unha escola vacante que solicitou coa esperanza de atopar ao seu noivo, Antonio, membro dun grupo guerrilleiro. Coa axuda dun alumno da escola pode contactar co grupo e reencontrarse con Antonio, a quen lle propón refacer a súa vida en Francia, mais este non está disposto a renunciar á loita e abandonar os seus compañeiros. Juana regresa a Andalucía e volve a exercer o seu traballo noutra escola rural. Aínda que o tema fundamental da película sexa a actividade guerrilleira nos primeiros anos da posguerra “civil” e a vida cotiá nunha aldea das montañas do Norte de España, a protagonista exemplifica moi ben a figura dunha mestra formada e iniciada nos anos da República, exercendo nunha escola rural do franquismo na súa época máis represiva.

José Manuel González Herrán, Catedrático de Literatura Española e Profesor Emérito da Universidade de Santiago de Compostela, é conferenciante e Profesor invitado en Universidades españolas e estranxeiras. Ten publicado ou editado varias monografías, edicións críticas e anotadas, volumes colectivos, etc. sobre autores españoles dos séculos XVIII, XIX e XX. Entre 1994 e 2016 dirixiu na USC un grupo de investigación encol Emilia Pardo Bazán. É membro dos consellos editoriais e comités científicos de revistas e editoriais da súa especialidade, Director do Boletín da Biblioteca de Menéndez Pelayo, Académico correspondente da Real Academia Galega e Presidente da Sociedade de Literatura Española do século XIX (SLESXIX).

Esta actividade enmárcase no programa Cultura por alimentos de Afundación, a Obra Social ABANCA, en colaboración coa Federación Española de Bancos de Alimentos, co obxectivo de contribuír, a través de doazóns, a incrementar os recursos dos Bancos de Alimentos de Galicia. Convidamos a todos os asistentes a colaborar con esta campaña solidaria mediante a doazón de alimentos non perecedoiros, os cales se poderán depositar na entrada da sede da Rúa do Vilar.

Próximos eventos Ver axenda