Conferencia «Laxeiro e a pintura do século XX» de Javier Pérez Buján

Data
Luns, 4 de abril de 2022
Horario
19.30h
Lugar
Rúa do Vilar, 19, Santiago de Compostela
Máis información

Entrada libre ata completar a capacidade da sala

Arte, Educación e Cultura
Compartir

O luns, 4 de abril, ás 19.30h o Ateneo de Santiago ten programada na Rúa do Vilar, 19, de Santiago de Compostela unha conferencia, organizada pola Sección Arte, Educación e Cultura, para conmemorar o Día das Artes Galegas titulada «Laxeiro e a pintura do século XX», que estará impartida por Javier Pérez Buján, Director Artístico da Fundación Laxeiro.

Javier Pérez Buján é Licenciado en Filosofía e Ciencias da Educación pola Universidade de Santiago de Compostela, onde traballou durante tres anos en diversos proxectos de investigación no eido da socioloxía da comunicación e cursou o programa de doutoramento «Cambio social en Galicia, unha perspectiva antropolóxica». Obtivo o Máster en Xestión e Políticas Culturais pola Universidade Autónoma de Barcelona e o de Marketing e Dirección Comercial pola Escola de Negocios Caixanova. Posúe unha ampla experiencia en xestión cultural, tendo comezado no sector privado a principios dos anos noventa como xestor, programador, produtor e responsable de comunicación no eido das artes escénicas, realizando numerosos eventos, ciclos e festivais de música clásica e contemporánea, jazz, rock, música tradicional e teatro para institucións públicas e entidades privadas. A finais dos anos noventa comezou a traballar no eido das artes plásticas como Director da Galería Abel Lepina en Vigo e a partir de 2001 como Delegado Director Xerente da Fundación Laxeiro, cargo que ocupa actualmente, desenvolvendo traballos de comisariado, investigación, programación, xestión, difusión e edición de publicacións. Tamén é autor de diversos textos críticos sobre Laxeiro e creadores contemporáneos galegos.

Próximos eventos Ver axenda