Conferencia «Coronavirus patóxenos para as persoas: orixe, evolución e protección» de Luis Enjuanes
- Data
- Luns, 28 de marzo de 2022
- Horario
- 19.30h
- Lugar
- Rúa do Vilar, 19, Santiago de Compostela
- Máis información
Acceso libre ata completar a capacidade da sala
Enjuanes presenta una vacuna contra el covid totalmente revolucionaria (noticia de La Voz de Galicia)

O luns, 28 de marzo, ás 19.30h o Ateneo de Santiago ten programada na Rúa do Vilar, 19, de Santiago de Compostela unha conferencia, organizada pola Sección Ciencia, Tecnoloxía e Medio Ambiente, titulada «Coronavirus patóxenos para as persoas: orixe, evolución e protección», que estará impartida polo Profesor Luis Enjuanes, Xefe do Laboratorio de Coronavirus do CNB-CSIC.
Neste acto o conferenciante describirá a habilidade dos coronavirus para cruzar a barreira das especies e a necesidade de encontrar a orixe do SARS-CoV-2. Da mesma maneira revisarase unha comparación dos tres coronavirus mortais para as persoas e o que se podería agardar na súa evolución. Tamén se comentarán as bases moleculares da súa patoxenicidade, o desenvolvemento de vacinas para previr a infección por coronavirus e a estratexia para a selección de antivirais.
Luis Enjuanes traballou no campo da viroloxía durante máis de 40 anos, incluíndo máis de 35 anos en coronavirus, sendo o seu interese actual o estudo dos seus mecanismos de replicación, transcrición, virulencia e interacción virus-hóspede. Ten publicados máis de 235 artigos en revistas internacionais e 58 capítulos de libros e foi “Fogarty Visiting Fellow” nos Institutos Nacionais de Saúde (NIH) en EE UU e Científico Visitante no Centro de Investigacións sobre o Cancro (FCRC) dos Institutos Nacionais de EE UU (NIH). Actualmente é Profesor de Investigación e Xefe do Laboratorio de Coronavirus no Centro Nacional de Biotecnoloxía do CSIC, así como profesor de Viroloxía da Universidade Autónoma de Madrid e do Instituto Pasteur de París. Foi nomeado “Virólogo Senior Distinguido” pola Sociedade Española de Viroloxía, Académico da Real Academia de Ciencias Exactas, Físicas e Naturais e Académico da “Academia Norteamericana de Microbioloxía” e da Academia Nacional de Ciencias de EE UU. Foi distinguido coa medalla ao Mérito na Investigación e na Educación Universitaria concedida polo Ministerio de Ciencia e Innovación e co Premio Nacional de Biotecnoloxía 2022. Tamén é “Expert Consultant” dos NIH e da Organización Mundial da Saúde e foi Editor-en-Xefe de Virus Research.