Presentación do libro «As desterradas» de Carme Varela

Data
Martes, 22 de febreiro de 2022
Horario
19.30h
Lugar
Centro Social Abanca (Praza de Cervantes, Santiago de Compostela)
Máis información

A entrada será libre ata completar a capacidade da sala

Compartir

O martes, 22 de febreiro, ás 19.30h, terá lugar no Centro Social Abanca, situado na Praza de Cervantes de Santiago de Compostela, unha mesa redonda titulada «Da pouco coñecida historia das monxas desterradas e os mosteiros abandonados na Galicia do XVI» como presentación do XXV Premio Álvaro Cunqueiro de textos teatrais «As desterradas» de Carme Varela. No acto participarán:
   - Pilar Sampedro, Secretaria do Ateneo de Santiago
   - Carme Varela, autora da obra
   - Carola Casal, historiadora e museóloga
   - Ánxela Gracián, escritora e tradutora

Próximos eventos Ver axenda