Debate sobre «Panza de burro» de Andrea Abreu

Data
Martes, 21 de xuño de 2022
Horario
18.00h
Lugar
Biblioteca do Ateneo de Santiago
Compartir

Os días, 14 e 21 de xuño, ás 18h, na Biblioteca do Ateneo de Santiago (Pr. Salvador Parga, 4, 2º) terán lugar novas sesións do Club de Lectura do Ateneo de Santiago, onde se comentará a obra Panza de burro de Andrea Abreu.

A historia de Panza de burro é aparentemente sinxela; non ten unha trama complexa. A súa complexidade reside na linguaxe e, sobre todo, nas relacións entre personaxes. A amizade entre as dúas nenas protagonistas é clave. Temos, por unha banda, á narradora, da que non sabemos o nome, e, por outro, a Isora, o seu mellor amiga, á que ten completamente idealizada. Ambas pasan xuntas un verán de principios dos 2000 no que comezan a deixar atrás a nenez e somérxense nalgúns aspectos propios da adolescencia, sobre todo Isora. É unha obra valente e libre en todos os sentidos, desde ese traslado da oralidade á escritura ata a falta absoluta de pudor desde a que se abarcan algúns temas, pasando pola maneira de ser e de actuar das protagonistas.

Andrea Abreu López, nada en 1995 en Icod de los Vinos, é unha escritora e xornalista canaria. Comezou os seus estudos de xornalismo na Universidad de la Laguna. No verán de 2017 mudouse a Madrid para cursar o Máster en Xornalismo Cultural e Novas Tendencias da Universidade Rey Juan Carlos. Como xornalista, escribiu para a sección de Cultura do diario 20 Minutos e para diferentes medios, como Tentaciones, Oculta Lit, LOLA, Quimera ou Vice. Os seus textos literarios foron incluídos en varias revistas dixitais e en papel e en antoloxías. É autora do poemario Mujer sin párpados (Versátiles Editorial, 2017) e do fanzine Primavera que sangra (2017), unha breve análise poética sobre a súa relación coa dor menstrual. Participou en varios eventos literarios, como o festival cordobés de poesía  Cosmopoética 2018 e é codirectora do Festival de Poesía Joven de Alcalá de Henares. En 2019 foi gañadora do accésit do XXXI Premio Ana María Matute de narrativa de mulleres.

Próximos eventos Ver axenda