Conferencia «Inmuno Power ante a covid» de África González

Data
Luns, 14 de marzo de 2022
Horario
19.30h
Lugar
Rúa do Vilar, 19, Santiago de Compostela
Máis información

Acceso libre ata completar a capacidade da sala

Compartir

O luns, 14 de marzo, ás 19.30h o Ateneo de Santiago ten programada na Rúa do Vilar, 19, de Santiago de Compostela unha conferencia titulada «Inmuno Power ante a covid», que estará impartida por África González, Catedrática de Inmunoloxía da Universidade de Vigo e académica da Real Academia de Farmacia de Galicia.

África González Fernández é Doutora en Medicina e Cirurxía pola Universidade de Alcalá de Henares, realizando a especialidade de Inmunoloxía na Clínica Puerta de Hierro e unha estadía posdoutoral co Dr. César Milstein (Premio Nobel, anticorpos monoclonais) no laboratorio de bioloxía molecular (MRC) de Cambridge (Inglaterra). Incorporouse á Universidade de Vigo para iniciar unha nova área en inmunoloxía, única en Galicia, e lidera un grupo de investigación multidisciplinar en inmunoloxía básica e aplicada. Foi Directora do Centro de Investigacións Biomédicas (CINBIO) entre 2009 e 2019 e presidenta da Sociedade Española de Inmunoloxía entre 2016 e 2020. Copromotora da empresa spin-off  NanoImmunoTech, ten publicados centos de artigos científicos, libros e capítulos de libros, recibiu premios pola súa traxectoria científica e profesional, participa como ponente invitada en cursos, seminarios e congresos e realiza actividades de difusión da ciencia. Como experta inmunóloga, apareceu en distintos medios de comunicación (prensa, radio e televisión) durante a pandemia da Covid-19 e é autora do libro divulgativo INMUNO POWER: Conoce y Fortalece tus defensas.

Próximos eventos Ver axenda