Debate sobre «El verano en que mi madre tuvo los ojos verdes» de Tatiana Tîbuleac

Data
Martes, 7 de xuño de 2022
Horario
18.00h
Lugar
Biblioteca do Ateneo de Santiago
Compartir

Os días, 19, 24 e 31 de maio, e o 7 de xuño ás 18h na Biblioteca do Ateneo de Santiago (Pr. Salvador Parga, 4, 2º) terán lugar novas sesións do Club de Lectura do Ateneo de Santiago, onde se comentará a obra El verano en que mi madre tuvo los ojos verdes de Tatiana Tîbuleac.

Aleksy aínda lembra o último verán que pasou coa súa nai. O seu psiquiatra recoméndalle revivir esa época como remedio ao bloqueo artístico como pintor,  Aleksy non tarda en mergullarse na súa memoria e volve verse sacudido polas emocións que o asediaron cando chegaron a aquela aldeíña vacacional francesa: o rancor, a tristeza, a rabia. Este é o relato dun verán de reconciliación, de tres meses nos que nai e fillo por fin baixan as armas, esporeados pola chegada do inevitable e pola necesidade de facer as paces entre si e consigo mesmos. 

Tatiana Tîbuleac (Chisináu, 1978) filla única dun xornalista e da correctora dun xornal, xa na universidade empezou a colaborar con diversos medios en calidade de tradutora, correctora e reporteira mentres realizaba os seus estudos de Xornalismo e Comunicación. Deuse a coñecer en 1995, cando comezou a columna «Historias verdadeiras» no xornal Flux, un dos diarios máis importantes en lingua romanesa. En 1999 empezou a traballar en televisión como unha das reporteiras principais do telexornal da cadea Pro tv, onde consolidou o seu papel dentro do xornalismo de corte social. O seu primeiro libro, unha colección de relatos titulada «Fábulas modernas», publicouse en 2014. «El verano en que mi madre tuvo los ojos verdes», a súa primeira novela, impactou a crítica e lectores, e considerouse un auténtico fenómeno literario en Romanía. Recibiu varios premios, entre os que destacan o outorgado pola Unión de Escritores Moldavos e a revista literaria romanesa Observator Cultural, e está a ser traducida a numerosos idiomas. En 2018 publicou a súa segunda novela, «Jardín de vidrio».

Próximos eventos Ver axenda