Visita guiada á exposición «Memorias do Café Derby (1929-2020)» na Casa do Cabido

O venres, 10 de decembro, ás 18.00h o Ateneo de Santiago realizará unha visita guiada á exposición «Memorias do Café Derby (1929-2020)», situada na Casa do Cabido.

As prazas son limitadas polo que todo aquel que queira participar deberá inscribirse no enderezo ateneo@ateneodesantiago.gal, admitíndose unicamente a inscrición dun máximo de dúas persoas en cada solicitude e tendo preferencia de admisión os/as socios/as do Ateneo. A data límite para anotarse é o xoves, 9 de decembro, ás 12h.

Comisariada por Ana Castro e Fernando Franjo, esta mostra percorre os 90 anos de historia do emblemático Café Derby, referente cultural en Compostela. Amosa documentación e imaxes inéditas do Café e unha recreación do espazo orixinal, con algúns dos elementos mobles como as cadeiras, mesas ou lámpadas. Nas súas cadeiras sentáronse intelectuais ilustres como Valle-Inclán, Seoane, Maside, Carvalho Calero, Torrente Ballester, Colmeiro, García Sabell, Casares, Manuel María ou Castelao.

Próximos eventos Ver axenda