Conferencia «Carlos Velo no documental do século XX» de Fernando Redondo

Data
Luns, 13 de decembro de 2021
Horario
19.30h
Lugar
Rúa do Vilar, 19, Santiago de Compostela
Sociedade da Información
Compartir

O luns, 13 de decembro, ás 19.30h o Ateneo de Santiago ten programada na Rúa do Vilar, 19, de Santiago de Compostela unha conferencia, organizada pola Sección Sociedade da Información, titulada «Carlos Velo no documental do século XX», que estará impartida por Fernando Redondo, Profesor de Comunicación Audiovisual da USC.

Fernando Redondo Neira é Licenciado en Ciencias da Información pola Universidade do País Vasco (UPV) e Doutor pola Universidade de Santiago de Compostela (USC). Na actualidade é Profesor da área de Comunicación audiovisual na Facultade de Ciencias da Comunicación da USC. É autor dos libros Carlos Velo. Itinerarios do documental nos anos trinta e Os amorodos de Bergman (Premio Ramón Piñeiro de Ensaio 2018), así como coautor de Galicia en NO-DO: Comunicación, cultura y sociedad e coordinador-editor do volume Cidadanía e documental. Foi galardoado co Premio María Luz Morales de Ensaios Cinematográficos e co Premio Manuel Reimóndez Portela de Xornalismo. Pertence á Asociación Española de Historiadores de Cine (AEHC), ao Centro de Estudos Fílmicos da USC e á Asociación Galega de Investigadores/as da Comunicación.

Próximos eventos Ver axenda