Debate sobre «Canto yo y la montaña baila» de Irene Solá

Data
Xoves, 27 de xaneiro de 2022
Horario
18.00h
Lugar
Salón de Actos Isaac Díaz Pardo do Ateneo de Santiago
Compartir

Os días, 25 e 27 de xaneiro, ás 18h no Salón de Actos Isaac Díaz Pardo do Ateneo de Santiago (Pr. Salvador Parga, 4, 2º) terán lugar novas sesións do Club de Lectura do Ateneo de Santiago, onde se comentará a obra Canto yo y la montaña baila de Irene Solá.

É unha novela na que toman a palabra mulleres e homes, pantasmas e mulleres de auga, nubes e cogomelos, cans e corzos que habitan entre Camprodon e Prats de Molló, nos Pireneos. Unha zona de alta montaña e de fronteira que, máis aló da lenda, conserva a memoria de séculos de loita pola supervivencia, de persecucións guiadas pola ignorancia e o fanatismo, de guerras  fratricidas, pero que encarna tamén unha beleza á que non lle fan falta moitos adxectivos. Un terreo fértil para liberar a imaxinación e o pensamento, as ganas de falar e de contar historias. Un lugar, quizais, para empezar de novo e atopar certa redención.

Irene  Solà (Malla, 1990) é licenciada en Belas Artes pola Universidade de Barcelona e ten un Máster en Literatura, Cinema e Cultura Visual pola Universidade de Sussex. A súa segunda novela, Canto yo y la montaña baila, publicada por Anagrama en catalán e en cas­telán, obtivo en 2019 o premio Llibres Anagrama de novela, o European Union Prize for Literature, o premio Punt de Llibre de Núvol, o Premio Cálamo Otra Mirada e o premio Maria Àngels Anglada de Narrativa, e foi traducida ao eúscaro, o italiano, e pronto a outros quince idiomas, incluídos o holandés, o turco e o árabe. A súa primeira novela, Os diques, publicada en catalán por L’ Altra Editorial, gañou o Premio Documenta 2017. Os seus textos e obras expuxéronse no CCCB, a Whitechapel Gallery e o Jerwood Arts Centre (Londres), entre outros. Colabora habitualmente na Vanguar­dia e foi escritora residente do Alan Cheuse In­ternational Writers Center da Universidade George Mason (Virginia), e participou no programa Writers Art Omi-Ledig House (Nova York).

Próximos eventos Ver axenda