Debate sobre «El señor Nakano y las mujeres» de Hiromi Kawakami

Data
Martes, 18 de xaneiro de 2022
Horario
18.00h
Lugar
Salón de Actos Isaac Díaz Pardo do Ateneo de Santiago
Compartir

Os días, 11 e 18 de xaneiro, ás 18h no Salón de Actos Isaac Díaz Pardo do Ateneo de Santiago (Pr. Salvador Parga, 4, 2º) terán lugar novas sesións do Club de Lectura do Ateneo de Santiago, onde se comentará a obra El señor Nakano y las mujeres de Hiromi Kawakami.

Hitomi entra a traballar nunha tenda de obxectos de segunda man en Tokio. Alí está Takeo, o mozo asistente con quen inicia unha estraña relación, e Masayo, a irmá do propietario que fai exposicións con bonecas e cuxa vida sentimental atormenta ao señor Nakano, que se mantén vixiante sobre todo. Kawakami ofrécenos neste libro, ademais da historia entre Hitomi e Masayo, unha sucesión de xanelas abertas ao Xapón contemporáneo, no que conviven os obxectos dunha tenda extravagante coa vaga melancolía duns homes e unhas mulleres que nunca conseguen ser felices de todo.

Hiromi  Kawakami (Tokio, 1958) cursou estudos de Bioloxía na Universidade de Ochanomizu, traballando como docente durante varios anos ata que o éxito da súa primeira novela publicada animouna a dedicarse por completo á literatura. Desde entón, 1994,  Kawakami publicou máis novelas que lograron o aplauso conxunto do público e a crítica, converténdose nunha das autoras máis populares do seu país. De entre a súa obra habería que destacar títulos como El cielo es azul, la tierra blanca, Algo que brilla como el mar ou Vidas fragiles, noches oscuras. Ao longo da súa carreira gañou premios tan importantes como o  Akutagawa ou o Tanizaki e as súas novelas foron traducidas a máis de cinco idiomas.