Conferencia «Proposta estratéxica de Santiago 2027-2032» de Belén Hernández

Data
Luns, 15 de novembro de 2021
Horario
20.00h
Lugar
Rúa do Vilar, 19, Santiago de Compostela
Compostela
Compartir

O luns, 15 de novembro, ás 20.00h o Ateneo de Santiago ten programada unha conferencia, organizada pola Sección Compostela, titulada «Proposta estratéxica de Santiago 2027-2032», que estará impartida por Belén Hernández, Xerente do Consorcio de Santiago.

Belén Hernández Lafuente é Enxeñeira Agrónoma pola Universidade Politécnica de Madrid na especialidade de enxeñería rural. Posteriormente ampliou a súa formación nas materias de desenvolvemento rural, organización territorial e fondos europeos con cursos de posgrao en Madrid e Dublín. Tamén está en posesión do diploma de directivo da Xunta de Galicia e formou parte do cadro de enxeñeiros da empresa TRAGSATEC realizando labores de deseño de grandes infraestruturas de regadío na súa sede de Madrid. Dentro dos postos desempeñados dende o seu ingreso na escala de enxeñeiros agrónomos da Xunta de Galicia cabe destacar a dirección xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader) dende a súa creación en xuño de 2001 a outubro de 2005, poñendo en marcha dito organismo ata acadar o seu completo funcionamiento operativo en diferentes liñas de actuación. Anteriormente tamén realizou tarefas de Oficina Supervisora de Proxectos da totalidade de proxectos técnicos da Consellería de Agricultura entre 1996 e 1999. No bienio 1999-2000 asumiu a representación de todas as comunidades autónomas españolas no Comité STAR de Estruturas e Desenvolvemento Rural no seo da Comisión europea. Colaborou en programas europeos de asesoramento a países en vías de adhesión (Polonia) e terceiros países (Marrocos), así como coa FAO e o Banco Interamericano de Desenvolvemento, e participou como relatora en distintos masters e cursos de posgrao das tres universidades galegas e outros organismos. Actualmente e dende 2015, desenvolve as tarefas de xerente no Consrocio de Santiago.

Próximos eventos Ver axenda