Visita guiada á exposición «Castillo, escultor»

Data
Sábado, 13 de novembro de 2021
Horario
12.30h
Lugar
Museo Centro Gaiás
Ateneo Viaxeiro
Compartir

O sábado, 13 de novembro, ás 12.30 horas o Ateneo de Santiago realizará unha visita guiada gratuíta á exposición do Museo Centro Gaiás «Castillo, escultor».

As prazas son limitadas polo que todo aquel que queira participar deberá inscribirse no enderezo ateneo@ateneodesantiago.gal, admitíndose unicamente a inscrición dun máximo de dúas persoas en cada solicitude e tendo preferencia de admisión os/as socios/as do Ateneo. A data límite para anotarse é o xoves, 11 de novembro.

Comisariada pola Historiadora de Arte Contemporánea Pilar Corredoira, unha das maiores coñecedoras da traxectoria e persoal universo creativo de Jorge Castillo, esta exposición mergúllase na arte deste autor galego de relevancia e traxectoria internacional. Malia ser a súa faceta creativa máis descoñecida, a escultura de Jorge Castillo comparte a grandeza da súa obra pictórica e permítenos afondar no seu proceso artístico. Nela están presentes aspectos basilares no conxunto da obra do artista, como a atención á natureza humana, á metafísica do ser, como obxecto primordial de estudo.

A través dunha escolma de 120 obras –na súa meirande parte esculturas, pero tamén relevos, augafortes, acrílicos ou gravados–, a mostra percorre a súa extensa traxectoria, con máis de seis décadas en activo, e as súas diferentes etapas creativas, incluíndo recentes obras de grande formato e arxilas datadas nos últimos cinco anos.

Máis información

Próximos eventos Ver axenda