Conferencia «A sociedade da intolerancia» de Fernando Vallespín

Data
Luns, 8 de novembro de 2021
Horario
20.00h
Lugar
Rúa do Vilar, 19, Santiago de Compostela
Sociedade Civil
Compartir

O luns, 8 de novembro, ás 20.00h o Ateneo de Santiago ten programada na Rúa do Vilar, 19, de Santiago de Compostela unha conferencia, organizada pola Sección Sociedade Civil, titulada «A sociedade da intolerancia», que estará impartida por Fernando Vallespín, Catedrático de Ciencia Política da Universidade Autónoma de Madrid.

Fernando Vallespín Oña é Catedrático de Ciencia Política na Universidade Autónoma de Madrid, universidade onde exerceu case toda a súa carreira académica e onde tamén ocupou cargos como o de Vicerreitor de Cultura ou a Dirección do Departamento de Ciencia Política ou do Centro de Teoría Política. Foi tamén profesor visitante nas universidades de Harvard, Frankfurt, Heidelberg, Veracruz e Malasia. Ten publicado máis dunha ducia de libros e un centenar longo de artigos académicos e capítulos de libros de Ciencia e Teoría política en revistas españolas e estranxeiras, con especial predilección pola teoría política contemporánea. Os seus últimos libros son Populismos (Alianza, 2017, xunto con M. Martínez-Bascuñán), a edición, xunto con P. Cossarini, de Populism and Passions (Routledge, 2019) e Política y verdad en el Leviatán de Thomas Hobbes (Tecnos, 2021) e La sociedad de la intolerancia (Galaxia Gutenberg, 2021). Foi Presidente do Centro de Investigacións Sociolóxicas e Director do Instituto de Investigación Ortega y Gasset, Presidente da Asociación Española de Ciencia Política e membro do Executive Council da International Political Science Association. É membro de número da Real Academia de Ciencias Políticas y Morales e colabora habitualmente no diario El País e na Cadena SER, así como en Radio Nacional de España.